HomePontevedraDezaO orzamento máis ambicioso de Vila de ruces terá un importe de...

O orzamento máis ambicioso de Vila de ruces terá un importe de 5.479.179,24€

- Anuncio -spot_img
  • Vila de Cruces presenta o seu orzamento máis elevado e máis social da historia, con incrementos en temas Sociais, Cultura, Deporte, Turismo, Comercio, e con apoios directos a todos os afectados polo Covid-19 cun montante final de 5.479.179,24€.  
  • O concello ten un aforro reflectido no seu remanente de máis de 1.500.000€.
  • Mireya concelleira de Economía, afirma que é un orzamento real e austero de 4.779.179,24€, que se incrementaría este ano ao utilizar 700.000€ do remanente de tesourería, o que suma unha cantidade de 5.479.179,24€, deixando aínda un remanente positivo de máis de 800.000€. 

O alcalde Luís Taboada reuniu o pasado venres no seu despacho aos portavoces da oposición, para coñecer de primeira man as súas propostas ao borrador do orzamento 2021 que lles foi entregado hai 2 semanas.  

Na reunión estiveron presentes os portavoces, do PP, do BNG e do PSOE para escoitar de boca do rexedor as súas intencións con este orzamento 2021, ao que Taboada deu paso para as explicacións en primeiro lugar á concelleira de Economía Mireya e ao Portavoz Julio López, que empezaron a debullar o orzamento informando do seguinte. 

Segundo Mireya Otero, estes orzamentos son os máis reais e austeros que houbo nunca en Vila de Cruces, e agradece o enorme traballo que realizaron os funcionarios que interviñeron no mesmo, facendo un gran fincapé no arduo traballo da nova Interventora.  

Son tan austeros que como se pode comprobar no documento, non hai diñeiro practicamente para nada, máis que para os gastos correntes e soldos de funcionarios, sen posibilidade de facer investimentos, proxectos e axudas para os nosos veciños e veciñas, e por ese motivo como caso excepcional incrementáseno con parte do remanente.  

 
Mireya que supervisou este orzamento co alcalde Luís Taboada, foi consciente en todo momento dos descuadres que existen no orzamento prorrogado do ano 2018, sendo o máis grave o tócante ao diñeiro reservado para as nóminas dos funcionarios que tiñan un descuadre en negativo de -130.000€, ao que hai que sumarlle os gastos a maiores da nova licitación do SAF que supón outra -100.000€ máis anuais e por suposto houbo que ser realista cos ingresos, que como en todos os concellos sofren unha diminución moi importante por causa da pandemia sufrida. Para cadrar os números, eliminamos practicamente todas as partidas económicas en Vías e Obras, en Cultura, en Deporte etc….  

As seguintes explicacións xa as expuxo o tenente alcalde, posto que as concellerías máis afectadas son as súas, ratificando todo o que comentara a súa compañeira Mireya, ao volver dicirlles a todos os grupos da oposición que había que apertarse o cinto, pero que tamén era consciente de que se nalgún momento era necesario axudar directamente aos empresarios afectados polo Covid-19 e fomentar a cultura o deporte, o comercio e o turismo é nestes momentos.  

E para iso como norma excepcional nestes orzamentos 2021, optaron por utilizar parte do remanente do concello, que nestes momentos é máis de 1.500.000 de euros, cunha partida adicional ao orzamento inicial cunha inxección de 700.000€, que segundo Julio López sería para os seguintes investimentos: 

250.000€ para infraestruturas comprometidas para arranxos inmediatos de pistas e estradas por exemplo a de Loño, unha petición máis que xusta, ao ser afectados directos do encoro e non recibir practicamente nada todos estes anos.  

150.000€ para axudas directas ou ben en promocións á hostalería e ao comercio para fomentar e manter os seus negocios. 

100.000€ para fomentar o Turismo, A Cultura, O Deporte, as Festas e en definitiva conseguir aos poucos volver á normalidade, para xerar novamente riqueza e estabilidade.  

200.000€ deste orzamento, o grupo de goberno quixo facer unha repartición equitativo por cantidade de concelleiras, para que propuxesen os seus proxectos, proxectos que encaixen nesas cantidades, quedando a repartición da seguinte maneira.  

120.000€ para o grupo do PP  

 60.000€ para o grupo do BNG  

 20.000€ para a concelleira do PSOE 

Ao alcalde gustaríalle poder dispoñer de moito máis diñeiro, para que se puidesen executar e levar acabo moitos máis proxectos, pero é un goberno previsor cos pés na terra, que prefire coller parte do diñeiro aforrado, deixando máis da metade por se é necesario nun futuro, e está claro que Taboada estaría encantado de investir 1.000.000 de euros como pretendía o PP no polígono, pero baixo a súa opinión cre que non é o momento de tal investimento, senón o momento de axudar a quen o necesita e fomentar o crecemento a través da cultura o turismo e o deporte, claves fundamentais para que a través das súas festas e tradicións poder encher novamente as súas rúas e prazas de visitantes que consuman e volvan aos seus lugares de orixe sendo os seus mellores embaixadores. 

A importancia de aprobar estes orzamentos é clara segundo Taboada, se a oposición non permite que aprobemos estes orzamentos, están condenados a continuar co orzamento prorrogado do ano 2018, con todas os inconvenientes que teñen xa que non poderían axudar aos sectores máis necesitados nestes momentos con axudas económicas directas, nin poderían cumprir coa empresa que gañou o concurso de asistencia no fogar dos maiores, non poderían mellorar as subvencións ao deporte, cultura, comercio etc… en definitiva unha catástrofe. 

Por este motivo Taboada roga á oposición que co seu voto apoien estes orzamentos, para de inmediato poder executalos, en axudar ás nosas empresas e sectores máis afectados que o están pasando realmente mal, e con este motivo solicítanlles présa na súa decisión de investimento co pouco diñeiro que hai para levalos a pleno canto antes.  

A reunión en todo momento foi cordial por parte de todos os grupos, uns grupos que entenderon a necesidade de sacar adiante estes orzamentos canto antes, e nesa mesma reunión marcouse como data límite a finais da próxima semana, para pechar xa os acordos da súa aprobación, e que Taboada espera sexa antes de finais deste mes, “canto antes mellor, os nosos sectores necesítano” recalcou Taboada.  

Publicacións Relacionadas