HomeO MorrazoMarínO Parque Eguren, obxecto dunha posta a punto dos seus elementos

O Parque Eguren, obxecto dunha posta a punto dos seus elementos

- Anuncio -spot_img

O Parque Eguren foi obxecto estes días dunha serie de reparacións. Entre elas, a reposición de pezas tipo T para o enganche da ponte en rede, o soldado de poezas no tobogán, co reforzo das restantes e algunhas cuestións máis de mantemento.

Desde o Concello apelan á reponsabilidade no uso do parque infantil, que ten un límite de idade nos xogos de até 14 anos, xa que persoas máis adultas forzan os elementos, que provocan maiores desgastes e roturas non previstas.

Desbroce en Portocelo

Por outra banda, nos últimos días estiveron a realizarse traballos de desbroce no talud de Portocelo, para que esta zona estea en perfecto estado de cara, sobre todo, á estación do verán, cando aumenta a afluencia de xente ás praias e ao vial.

Publicacións Relacionadas