• Tras coñecer no día de hoxe o pasamento do ex alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, o partido socialista quere facer público o seu pesar así como o recoñecemento á figura como alcalde para a nosa vila.
• No ano 2015 o PSOE comezou xunto co BNG, capitaneado por Xosé Represas, un proxecto político, mediante un goberno de coalición, que permitise avanzar en progreso e calidade de vida para os nosos veciños e veciñas. O goberno de consenso permitiu que nestes seis anos de mandato, ao carón de Xosé Represas, sacase adiante grandes proxectos para Ponteareas e poñer á nosa vila na liña dunha cidade progresista e de futuro.
• A portavoz municipal do PSOE, Chus Garrote, salienta a capacidade de Xosé Represas para “escoitar propostas ainda que non fosen do seu grupo político e facelas súas, loitando a reo para levalas a cabo”.
• Estar nun goberno de coalición esixe moito diálogo, moito consenso e moita capacidade de ceder. E todas esas eran cualidades de Xosé Represas. O grupo municipal do Partido Socialista e a xestora de Ponteareas lamenta o seu pasamento e transmite o seu pesar a toda a súa familia e amigos




