HomePontevedraO SalnésO Partido Socialista de Vilagarcía nomeará Militante de Honra 2025 a  Jesús...

O Partido Socialista de Vilagarcía nomeará Militante de Honra 2025 a  Jesús Paz Arias 

- Anuncio -spot_img

A Agrupación Municipal celebrará a súa tradicional comida anual o 10 de maio, na  que recoñecerá a traxectoria de Suso Paz 

O Alcalde Alberto Varela puxo en valor “o seu arraigo vilagarcián e o seu destacado  percorrido institucional” e o secretario xeral local Julio Torrado destacou a súa  “visión sensata sobre Vilagarcía e a situación política global” 

A Comisión Executiva Municipal do  PSdeG de Vilagarcía ven de anunciar que o Militante de Honra de 2025 da Agrupación  será Jesús Paz Arias. O nomeamento, que se realiza anualmente e que será  conmemorado na comida anual da Agrupación deste 10 de maio, ten como base destacar  “a traxectoria política e vital de Suso Paz, comprometido dende as súas etapas máis  novas e que sempre estivo indiscutiblemente identificada co progresismo e a  socialdemocracia”. 

O secretario xeral local Julio Torrado destacou que “é unha honra contar sempre con  compañeiros con Suso Paz, que aportan e constrúen sociedade con aportacións sensatas  e analíticas, e cunha moi intelixente combinación da visión local de Vilagarcía dentro  dunha percepción global da situación política”. O Alcalde de Vilagarcía, Alberto  Varela, quixo destacar de Paz Arias que “Suso representa perfectamente a posición  ideolóxica solvente de quen ten arraigado o seu compromiso e, co tempo, foino  desenvolvendo en escenarios institucionais tan relevantes como o Concello de  Vilagarcía e as institucións portuarias de Vilagarcía e Vigo”. 

Suso Paz Arias, licenciado en CC Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense  de Madrid iniciou a súa vinculación co eido político fundamentalmente na súa etapa 

universitaria na capital de España, dende a que se comprometeu cunha visión  progresista da sociedade. Posteriormente, no seu tránsito á vida laboral concretouno coa  súa afiliación ao Partido Socialista no ano 1987. Dende entón, Suso Paz foi concelleiro  de goberno en Vilagarcía tendo enorme protagonismo durante a alcaldía de Javier Gago  a partir do ano 2003, pero en 2005 a súa experiencia laboral e formación específica no  eido portuario levárono a ser nomeado Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía  e, en 2007, a cambiar o porto de Vilagarcía polo de Vigo onde asumiu tamén a  Presidencia. 

A Agrupación Municipal quixo destacar, tamén, o arraigo que Suso Paz mantén na  sociedade de Vilagarcía “que o identifica cunha visión global de cidade”, como  trasladou Torrado. 

O nomeamento formal de Paz Arias producirase o vindeiro sábado 10 de maio, na  celebración anual da comida da Agrupación, que dende o PSdeG abren á participación  de calquera persoa que queira compartir unha xornada de homenaxe a Suso Paz, e para a  que apenas corresponderá contactar coa agrupación socialista municipal ou con calquera  dos seus representantes locais.

Publicacións Relacionadas