HomeVigoO PorriñoO Porriño rende homenaxe ás súas subcampioas de Europa:

O Porriño rende homenaxe ás súas subcampioas de Europa:

- Anuncio -spot_img

𝑰𝑴𝑶𝑺 𝑹𝑬𝑪𝑰𝑩𝑰𝑳𝑨𝑺 𝑪𝑶𝑴𝑶 𝑺𝑬 𝑴𝑬𝑹𝑬𝑪𝑬𝑵

Hoxe luns 19 de maio, O Porriño vivirá unha xornada histórica e festiva para homenaxear ás xogadoras do Club Balonmán Porriño, subcampioas da European Cup Feminina 2025, que fixeron vibrar a todo un pobo co seu esforzo, paixón e entrega ao deporte.

A programación comezará ás 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes, cunha gran Festa do Deporte, aberta a toda a veciñanza, na que se celebrará o espírito deportivo porriñés e se recoñecerá o papel das nosas heroínas.

Posteriormente, ás 19:45 horas, terá lugar a recepción oficial no Concello, onde as xogadoras serán recibidas polas autoridades municipais e polos seus veciños e veciñas.

Ás 20:00 horas, continuarase coa celebración no Pavillón Municipal, onde as xogadoras farán entrada entre aplausos nun pasillo de honra, seguido dunha festa, entrega de agasallos e moitas sorpresas.

Durante toda a tarde, a vila transformarase nun auténtico espazo de celebración con actividades para todas as idades:
Tren Chu Chu, festa da escuma, xogos, Orquestra América, DJs e moito máis nas inmediacións do Pavillón Municipal.

Animamos a toda a cidadanía a participar vestida de vermello, en sinal de orgullo e apoio ao Club Balonmán Porriño.

𝐎𝐑𝐆𝐔𝐋𝐋𝐎 𝐏𝐎𝐑𝐑𝐈𝐍̃𝐄́𝐒

Publicacións Relacionadas