O Museo Manuel Torres permanecerá pechado esta fin de semana por mor da recolocación de obras para expoñer a partir do martes o Pórtico de Villafinez, recén restaurado e que supón unha experiencia artística excepcional para os amantes da pintura e da arte compostelá, especialmente nun ano como este, Ano Xacobeo.
Xunto con el, o museo exporá ademais uns bocetos do artista Manuel Torres dos profestas da Porta Santa e dalgún motivo relixioso máis da cidade capitalina galega.




