HomePontevedraO PP apoia as reivindicacións dos peluqueros e centros de estética

O PP apoia as reivindicacións dos peluqueros e centros de estética

- Anuncio -spot_img

● O deputado nacional Juan Constenla participa na concentración que organizaron esta mañá en Pontevedra.
● Os populares presentaron dúas PNL no Congreso, para reclamar a redución do IVE e para que teñan axudas directas.

O deputado nacional do PP de Pontevedra, Juan Constenla, xunto á deputada provincial Pepa Pardo e o concelleiro local, Gerardo Puga, asistiron esta mañá á concentración convocada por salóns de peiteado e centros de estética para reclamar unha redución do IVE ao 10%, unha reivindicación que os populares apoian e defenden.

Constenla explicou que os populares presentaron dúas PNL no Congreso dos Deputados, unha delas para reclamar o IVE reducido para este sector e outra para que as peluquerías e os centros de estética se inclúan no listado de actividades susceptibles de recibir axudas directas por parte do Goberno central.

Nesta liña, Constenla recorda que a pandemia tivo un gran impacto no sector, provocando a destrución de empregos e o peche de moitas peluquerías e centros de estética, e os que sobreviven o fan con moitas dificultades. Incide, ademais, que a maior parte do sector son persoas autónomas, e na súa meirande parte emprego feminino e mozo. Por iso considera que é fundamental que ante esta situación se adopten medidas necesarias, como a redución do IVE e tamén axudas directas.

Publicacións Relacionadas