HomeVigoNigránO PP de Nigrán denuncia, unha vez máis, as irregularidades de D....

O PP de Nigrán denuncia, unha vez máis, as irregularidades de D. Juan González, respecto a a Nova Biblioteca.

- Anuncio -spot_img

O PP de Nigrán mostra a súa indignación pola recente aprobación dun decreto do Sr. Alcalde socialista onde concede unha prórroga de execución ao proxecto de construción da nova Biblioteca, máis aló mesmo dos 5 meses marcados no proxecto.
Segundo os prazos acordados a empresa que está a levar a cabo a nova biblioteca tiña que terminar as obras o 24 de febreiro, das que certificou menos 39% a data 28 de febreiro. O rexedor socialista, en contra dos departamentos de contratación e intervención, asinou un decreto para que ampliar o prazo de execución e que continúe a mesma empresa, @teniendo en cuenta que a actual gañou o concurso, en boa parte por ofrecer un período de execución máis curto, 3 meses, no canto dos 5 marcados no proxecto.
E respecto a esa empresa habemos de indicar que é a que está a realizar as obras na urbanización Villa Lafuente, e a mesma que levou centos de m3 de terra para encher a pista de atletismo, sen que a adxudicataria das pistas subcontratáseo , permitindo que se conseguise desta maneira “altruísta” o nivel do terreo adecuado para a pista. Unha coincidencia ?.
O incumprir este período de execución, sen unha xustificación adecuada, como parece que é o caso, fai que as demais empresas que participaron poidan impugnar o acordo, xa que este prazo implicaría que esta empresa pasaría da 1ª posición á 5ª, polo que a adxudicación correspondería a outra das empresas licitantes. Todo isto podería provocar unha lea legal con incertas consecuencias, que por outra banda, é o habitual nos proxectos do Sr. González
que non sabe xestionar adecuadamente nada que sexa maior que colocar un banco, iso si que se lle dá ben.
A día de hoxe seguimos esperando a que se inaugure a nova Biblioteca de Nigrán despois de que en xaneiro de 2019 a presidenta da deputación socialista, Carmela Silva, supervisase as obras anunciando aos catro ventos que as obras estaban a piques de finalizar, e agora parece que para é para comezos do verán do 2021, ou sexa, 2 anos e medio despois,
En resumo, unha chapuza máis de D.Juan González, preguntámonos se será capaz de xestionar algo de importancia de forma adecuada, porque ata o de agora non o demostrou, salvo para colocar bancos, organizar festas, saír en fotos e inaugurar o que se poña por diante.

Publicacións Relacionadas