Desde o PP de Nigrán, presentamos unha
moción para o próximo pleno do 5 de Abril, para que o Concello cre unha oficina
de impulso ao despregamento de fibra no municipio durante os próximos 2 anos,
para conseguir que o acceso a internet de banda ancha chegue ao 100% dos
fogares e empresas.
O despregamento da fibra óptica en Nigrán, aínda que creceu considerablemente
nos últimos anos, a súa distribución é claramente irregular, dándose paradoxos
como que algúns núcleos rurais teñen máis cobertura que zonas urbanas, onde
“a priori” sería máis fácil o seu despregamento.
Isto ten unha explicación simple, os despregamentos en zonas rurais están
subvencionados pola administración, co que as operadoras prefiren
despregar nas zonas que ten un custo menor de investimento.
Aínda así, hai numerosas peticións de fogares e empresas que non son atendidas,
cando realmente están moi próximas ás zonas despregadas, tanto nas zonas
urbanas como nas rurais.
Agora mesmo, o ter ou non ter fibra está a converterse nun requisito
imprescindible para a venda ou o alugueiro de vivendas. Doutra banda, a hostalería
e calquera tipo de empresa necesita ter unha conexión a internet de calidade,
ademais xorde a oportunidade de fixar residentes aquelas persoas que poden
teletrabajar pero que igualmente necesitan unha conexión de calidade.
A nosa proposta consiste en que o Concello cre unha Oficina de Impulso da
Banda Ancha en Nigrán, que recolla as demandas dos fogares e empresas e
busque coas Operadoras solucións a curto prazo para que a Banda Ancha
chegue a todos. Sería conveniente mobilizar recursos público-privados realizando
convenios coas operadoras, para que co apoio municipal, póidase dar o
servizo solicitado mediante accións como compartir os postes de iluminación ou
canalizacións, ou mesmo subvencionar en parte algún despregamento. En resumo, o
que sexa preciso para que nese período de dous anos póidase conseguir unha
cobertura ao 100% da poboación. Unha proposta pioneira en España, e sen dúbida
un exemplo para seguir.




