O PP de Nigrán presentará no próximo pleno unha moción para que o goberno municipal reforce e mellore os servizos públicos na zona de praias, sobre todo as fins de semana.
Empezando polo servizo de socorristas que debería estar operativo de Xuño a Setembro, e xunto co servizo, mellorar o sistema de megafonía para que “se escoite de verdade en todas as zonas das praias”, ademais de dotalos adecuadamente dos medios técnicos e de mobilidade adecuados á contorna, isto permitiría ampliar a oferta turística das nosas praias moi centrada nos meses de Julio e Agosto.
O Concello debería programar unha parte relevante dos eventos públicos nos meses de Xuño e Setembro para “alargar o tempo de oferta turística” e con iso colaborar de forma significativa á mellora económica no emprego e actividade dos servizos turísticos tan prexudicados pola pandemia.
Dentro das liñas de mellora, está a recollida de residuos e limpeza viaria e de praias durante a madrugada do Domingo, xa que o “espectáculo” de papeleiras desbordadas e lixo pola praia, que xa se está vendo en xuño, é aínda máis evidente en xullo e Agosto.
Tamén debería reforzarse a hixiene dos baños públicos situados nas proximidades das praias en función das previsións de afluencia, de forma que se limpasen os baños polo menos 2 veces ao día para evitar imaxes como as que acompañan este texto tomadas o domingo 13 de Xuño sobre as 14:00.
Un Concello como Nigrán con algunhas das mellores praias do litoral de Galicia require un coidado adecuado e unha estratexia de mellora que permita gozar aos visitantes e veciños dunhas praias limpas e cuns servizos á altura.
Doutra banda, deberían realizarse campañas de concienciación do uso das duchas e servizos públicos, con carteis informativos que apelen á responsabilidade cidadá e conciencia medio-ambiental no uso da auga.
En numerosos países de Europa, sobre todo do Norte, os municipios non poñen contedores e papeleiras nas zonas medioambientalmente comprometidas, prefiren ensinar desde nenos a que “todo o que leves, tráeo de volta”, e dese xeito evitar ter que recoller ese lixo das zonas que nunca deberían tela, á parte do penoso impacto visual que supón unhas papeleiras nas praias ou noutras zonas da natureza.
Certo é que no noso país aínda esteamos lonxe dese paradigma, pero non viría mal que a través de carteis con mensaxes e pictogramas que apelen á conciencia ambiental de cada un poderíase aos poucos ir conseguíndoo.
Neste caso a orixinalidade, a empatía e a simpatía, por exemplo, realizando concursos orientados a fomentar esa cultura entre os máis pequenos ten un efecto tractor moi importante sobre os seus proxenitores, xustamente nesa liña está a traballar a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta fomentando a formación ambiental xa desde primaria, e coa que se podería colaborar activamente.
Tamén se debería delimitar as zonas de Rede Natura, con carteis informativos in situ, para que os visitantes tomen conciencia e respecten os ecosistemas que se queren preservar.
Ademais deberíase ter un servizo de recollida de mostras e realización de analíticas de auga semanal, sobre todo nos afluentes de auga que chegan ás praias para evitar intoxicacións e co fin de atopar e sancionar aos responsables das verteduras descontroladas que por desgraza séguense producindo todos os anos.
Pero para todo isto primeiro hai que preocuparse e despois ocuparse diso Sr. González, os veciños e visitantes de Nigrán merécense uns bos servizos nunhas praias limpas e seguras.




