HomePontevedraO CondadoO PP de Ponteareas lembra á mocidade a importancia do seu apoio...

O PP de Ponteareas lembra á mocidade a importancia do seu apoio para continuar na senda do crecemento

- Anuncio -spot_img

Os populares celebraron un acto no que participaron a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, a candidata pola provincia, Raquel Plana, a alcaldesa Nava Castro e o concelleiro Ricardo González

O Partido Popular de Ponteareas lembra á mocidade a importancia do seu apoio para continuar na senda do crecemento. Así o fixo saber nun acto sectorial, que se celebrou no marco das eleccións autonómicas, no que participaron a alcaldesa da vila, Nava Castro, a candidata pola provincia, Raquel Plana, o concelleiro Ricardo González e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

No encontro, os populares amosaron o seu apoio ás necesidades e cuestións que resultan relevantes para a mocidade galega, unha parte da sociedade que resulta fundamental para o futuro de Galicia. É por iso que a candidata pola provincia, Raquel Plana, apuntou que “sodes o noso ben máis prezado e sabemos que debemos acompañarvos nas cuestións que necesitades como é o caso de mercar unha vivenda, iniciar unha idea de negocio ou mesmo cando decidades formar unha familia”.

Neste sentido, Plana sinalou que “así o entende o Partido Popular, sobre todo cando ten a posibilidade de xestionar os recursos públicos. Exemplo disto son as axudas ás persoas universitarias que queiran mellorar as súas competencias lingüísticas así como as axudas para o emprendemento e para a adquisición dunha vivenda”. Insistiu en que “trátase de políticas, traballo e feitos, isto é, estabilidade, compromiso e sentidiño”.

Pola súa banda, o concelleiro Ricardo González, puxo en valor o traballo que se levou a cabo desde o goberno municipal co obxectivo de incentivar á mocidade e recoñeceu o labor dos mozos e das mozas de Ponteareas “que foron recoñecidos como o mellor proxecto de voluntariado interxeracional por parte da Xunta de Galicia, é unha mostra do compromiso, esforzo e traballo que os nosos veciños e veciñas amosan desde novos coa súa contorna”.

A alcaldesa, Nava Castro, lembrou que o Partido Popular sitúase ao carón dos mozos e das mozas e reivindicou as “medidas reais fronte ao fume que venden os nacionalistas”. Sinalou que “a xuventude sitúase ao carón do PP porque saben que, con nós, Galicia Rueda”.

Publicacións Relacionadas