HomePontevedraO PP de Pontevedra esixe a remodelación da Praza da Liberdade e...

O PP de Pontevedra esixe a remodelación da Praza da Liberdade e lembra que Lores comprometeuse a realizar as obras en 2024

- Anuncio -spot_img

• Junco: “Unha de tantas promesas electorais que Lores proclama, en ano de eleccións, e que devolve ao caixón dos proxectos incumpridos ao empezar o mandato”

• Os populares urxen o arranxo inmediato da antiga cafetería e a posta en valor dos xardíns para revitalizar a Praza da Liberdade

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Silvia Junco esixiu ao goberno local a remodelación integral e a posta en valor da Praza da Liberdade, a 19 días de que termine 2024; o ano que fixara o BNG de #Miguel Anxo Fernández Lores como prazo para executar a totalidade dunha obra “da que a cidadanía non sabe absolutamente nada”.

O rexedor nacionalista comprometeuse a realizar un proxecto en 14 meses, desde o seu anuncio en marzo de 2023, pero “foi unha de tantas promesas electorais que Lores proclama, cando chega o ano das eleccións municipais, e que devolve ao caixón dos proxectos incumpridos unha vez que empeza o mandato”, criticou Junco.

A edil do PP local ha pedido “máis feitos e menos palabras” aos responsables municipais de que a antiga cafetería estea nunhas condicións “insalubres polo abandono de funcións de Lores que, aproveitou dous meses antes dos comicios, para anunciar a transformación deste espazo nun local social xestionado pola Federación Castelao e que, 21 meses despois, está cada vez peor”.

Tras seis anos de abandono das instalacións, os populares consideran que chegou o momento de actuar e acometer a reforma integral que necesita para revitalizar esta praza emblemática da contorna da Audiencia Provincial.

Doutra banda, a edil tamén preguntou polos plans para a creación dunha cuberta verde sobre o aparcadoiro da Audiencia Provincial. Unha obra que formaba parte dun proxecto, valorado en máis de 450.000 euros, no que non se avanzou desde o Concello.

“É práctica habitual do BNG vender unha obra aos catro ventos, durante varios mandatos consecutivos, aínda que non teñan intención de realizala. A Praza da Liberdade é un exemplo máis da falta de compromiso e de cumprimento do alcalde Lores”, finalizou tras visitar a zona, acompañada pola concelleira popular Beatriz Rey.

Publicacións Relacionadas