O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o concelleiro delegado do rural no PP local, Martín Martínez, realizaron unha visita ás instalacións do CEIP Santo André de Xeve para reunirse coa dirección e redobrar a presión sobre o goberno local do BNG para que poña fin á falta de subministración de auga potable no centro escolar.
O líder da oposición esixiu ao alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores que solucione de maneira “urxente” e “definitiva” unha problemática que afecta a preto de 150 alumnos e ao persoal do centro educativo desde o inicio deste curso 2025/2026.




