HomePontevedraO PP de Vilaboa reúnese co sector hostaleiro de Vilaboa

O PP de Vilaboa reúnese co sector hostaleiro de Vilaboa

- Anuncio -spot_img

● Os populares veñen de reunirse co sector hostaleiro de Vilaboa para escoitar as súas demandas ante a falta de acción municipal na proliferación das VUT´s

● O PP cre que o goberno socialista non esta afrontando a realidade dun problema que afecta á seguridade xurídica de hostaleiros e veciños que deciden alugueiro as súas propiedades como VUT´s

O grupo municipal do PP de Vilaboa vén de reunirse co colectivo de empresas de hostalería de Vilaboa, ante o malestar pola falta de xestión municipal e inacción na competencia en materia das Vivendas de Uso Turístico (VUTs)

Os populares cren que o Goberno municipal se ten marxe de manobra e ten que estudar a situación , para dar solucións ás partes , sempre en aras de dar seguridade xurídica , afrontando o problema actual e non botando balóns fóra

son conscientes que os investimentos para destinos hostaleiros e turísticos son importantes por parte dos promotores e deben de ser respectadas e sobre todo apoiadas por parte do goberno municipal

Por outra banda os populares denuncian a actuación do Goberno municipal, onde esta pedindo a turismo de galicia que se inspeccións de oficio a todas as VUT´s , cando o goberno durante anos non ordeno a situación xurídica destas actividades, tendo competencia , deixando nun limbo aos promotores tanto aos que a exercen legalmente como aos que non, durante anos xestiono título habilitante municipal de natureza urbanística para funcionar dentro da legalidade, xa que a habilitación autonómica non exime de obter outras autorizacións.

Acuña cre que é compatible o sector hostaleiro e as VUT´s , pero sempre con limites e cun equilibro sen caer na competencia desleal , “o Goberno debe de traballar niso e non esconderse fronte aos problemas , hai marxe para xestionar este problema” e anuncia a petición dunha reunión en conxunto co Bng para tratar este tema

Publicacións Relacionadas