HomePontevedraO PP esixe máis patrullas de policía a pé e o cumprimento...

O PP esixe máis patrullas de policía a pé e o cumprimento da prohibición de consumir alcol na vía pública

- Anuncio -spot_img

• Pardo: “Os negocios están a sufrir furtos continuamente pola sensación de impunidade que senten algunhas persoas conflitivas que perturban a xornada laboral dos comerciantes”

• O PP demanda a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade #ante un alcalde que “permanece pasivo” no canto de admitir que este é un problema real en Pontevedra”

A número dous do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, esixiu ao goberno local do BNG “o cumprimento da prohibición de consumir alcol na vía pública e aumentar a vixilancia policial, especialmente con patrullas de axentes municipais a pé, para mellorar a seguridade cidadá no centro urbano”, despois de constatarse un aumento do 9,6% da taxa de criminalidade no primeiro semestre do 2024.

A edil do PP manifestou que a situación en Pontevedra “continúa deteriorándose polo auxe dalgunhas persoas sen teito que, ademais de beber na rúa, son conflitivas e teñen comportamentos incívicos que os cidadáns non teñen que soportar porque denigran a imaxe da cidade”.

O xefe da oposición, Rafa Domínguez, e os concelleiros populares reuníronse varias veces cos veciños e comerciantes das zonas máis afectadas, que seguiron padecendo indefensión despois de que o goberno nacionalista non aplicase ningunha medida tras a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, que forzou o Partido Popular mediante a presentación dun escrito por rexistro, e que finalmente se celebrou o 22 de marzo de 2024, presidida polo alcalde da cidade, #Miguel Anxo Fernández Lores, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

“Os negocios están a sufrir furtos continuamente pola sensación de impunidade que senten estas persoas que perturban a xornada laboral dos comerciantes, que non poden estar tranquilos no exercicio da súa actividade, mentres o alcalde permanece pasivo en Michelena”, recriminou Pardo.

O PP local ha reclamado de novo a “convocatoria urxente dunha Xunta Local de Seguridade para que se adopten, dunha vez por todas, as medidas que solicitamos a oposición desde hai moito tempo. Entre elas, o Concello debe reforzar o persoal da Policía Local, como levamos anos reclamando, para garantir o benestar dos veciños”, concluíu.

Publicacións Relacionadas