HomePontevedraCaldasO PP esixe responsabilidades políticas ao Goberno local pola sentenza que obriga...

O PP esixe responsabilidades políticas ao Goberno local pola sentenza que obriga o Concello a indemnizar a unha promotor pola anulación dunha licenza de obra dun edificio na rúa Real

- Anuncio -spot_img

• Fernando Pérez considera que “xa hai un custe elevado para as arcas municipais, que desde o ano 2002 xa tiveron que facer fronte a numerosas multas coercitivas ao alcalde, ao derribo parcial do edificio e todos os procesos e alegacións dun proceso que dura xa 20 anos”.


• “Este é un exemplo máis do desastre da política urbanística dos sucesivos gobernos socialistas”, sinala.

O Partido Popular de Caldas reclama responsabilidades políticas ao Goberno local pola recente sentenza que condena ao Concello de Caldas a pagar 672.000 euros mas intereses, ao anularse a licenza de obra de un edificio. O voceiro local, Fernando Pérez, considera que “este é un exemplo máis do desastre da política urbanística dos sucesivos gobernos socialistas” e explica que, de non prosperar a apelación, os veciños de Caldas terán que asumir, como mínimo, máis de 800.000 euros, xa que á cantidade que indica a sentenza hai que incluír os intereses e a defensa xurídica.

Refírese á sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra, que estima en parte o recurso da promotora do edificio número 57 da rúa Real, en Caldas de Reis. “Con esta cantidade que ao alcalde lle parecen poucos cartos, poderíanse facer tres proxectos integrais de saneamento no concello ou outros moitos investimentos fundamentais e necesarios para Caldas, pero, de non prosperar a apelación, teñen que destinarse para pagar a mala xestión do Goberno”, sinala.

Todo isto arranca cunha sentenza do ano 2002 que anulaba unha licencia de obra dun edificio e no que o equipo de goberno non defendeu axeitadamente os intereses do Concello nun acto de inconsciencia absoluta tendo en conta o que estaba en xogo.

Pérez, que fixo pública a sentenza a pesada semana, “considera que despois de que os veciños coñecesen a información e puidesen facer as súas propias valoracións, é momento de que o PP faga a súa lectura da sentenza e tamén do comportamento que tivo o alcalde”. Para o popular “están tomándose a sentenza cunha lixeireza incomprensible. Ninguén asume nada e a súa estratexia é seguir dilatándoo aínda máis no tempo”. A pesar de que aínda non é firme, o PP considera que “xa hai un custe elevado para as arcas municipais, que desde o ano 2002 xa tiveron que facer fronte a numerosas multas coercitivas ao alcalde, ao derribo parcial do edificio e todos os procesos e alegacións dun proceso que dura xa 20 anos”. No caso de que o xulgado rexeite o recurso presentado polo o Concello de Caldas, a cifra global podería ascender a 1,5 millóns de euros, “un auténtico escándalo”.

Nesta liña, os populares consideran que “neste Goberno alguén terá que dicir algo e dar explicacións aos veciños”. Recordan que o alcalde xa tiña “importantes responsabilidades no Goberno local naquel momento, e polo tanto non pode argumentar que a cousa non vai con el”.

Publicacións Relacionadas