HomeO CondadoMondarizO PP insiste en reclamar unha estrada provincial “segura, ancha e sen...

O PP insiste en reclamar unha estrada provincial “segura, ancha e sen curvas” para Sabaxáns, en Mondariz

- Anuncio -spot_img

• Deputados provinciais reúnense con veciños da parroquia, acompañados pola voceira local, Ana Corredoira.


• Lamentan que un proxecto “que xa debería estar rematado, continúe sen estar na axenda dos gobernos locais e provincial”.

Os deputados provinciais do PP de Pontevedra, Jorge Cubela e Miguel Domínguez, e a voceira local, Ana Corredoira, reuníronse con membros da asociación de veciños de Sabaxáns para denunciar “o esquecemento” aos que o Goberno da Deputación de Pontevedra os ten sometido. Insisten en reclamar unha estrada provincial “segura, ancha e sen curvas” na EP-4306, que une Ponte do Val, en Mondariz, e Barciademera, Covelo, unha demanda que levan anos facendo á institución provincial e que continúa sen resposta.

Por iso, os deputados comprometéronse a esixir, unha vez máis, a través dunha solicitude no rexistro e tamén no propio pleno provincial que o Goberno aclare si hai un proxecto construtivo para mellorar esta estrada, e de ser así, cales son os prazos nos que se vai acometer. “Estes veciños levan seis anos reclamando que se mellore a seguridade e a accesibilidade, que se amplíe a plataforma e se modifiquen as curvas. Calquera persoa que pase por esta estrada pode comprobar o importante fluxo de vehículos que circulan por ela, incluídos camións e autobuses escolares, que cada día fan varios percorridos por carrís moi estreitos e sen beiravías. E, ademais, hai unha falta de mantemento evidente que provoca que a estrada estea invadida pola maleza”, denuncia.

Pola súa parte, Ana Corredoira lamenta que o alcalde de Mondariz sexa cómplice desta situación. “Non está defenden unha obra fundamental para os veciños. Non fixo nin está facendo absolutamente nada para reclamar á Deputación de Pontevedra que invista na seguridade de Sabaxáns. Si hai cartos para ensanchar outras vías, tamén ten que haber cartos para facer este investimento tan necesario e urxente para Mondariz”, engadiu.

O que os veciños están reclamando é que continúen as obras no único tramo que queda pendente da EP-4306, nun tramo de quilómetro e medio aproximadamente, entre a ponte do río Furafollas e BArciademera, para igualalo ás condicións do resto da estrada, é dicir, ensanchando a plataforma ata os oito metros, renovando a capa de rodadura, beiravías e mellorando a sinalización. Un proxecto que existía e que paralizou o Bipartito hai seis anos á súa chegada á Deputación de Pontevedra. “Este proxecto xa debería estar rematado, pero a día de hoxe continúa sen estar na axenda dos gobernos locais e provincial”, engaden os populares.

Desde a asociación de veciños tamén insisten en que “é unha estrada moi perigosa. Os que traballamos fóra, facemos o traxecto ata catro veces ao día. Os carrís son moi estreitos, por esta estrada circulan camións, autobuses… Incluso houbo accidentes de autobuses escolares, que por sorte foron leves. Non podemos esperar máis. Non limpan a estrada, en inverno non hai visibilidade e o que necesitamos é saber si se vai facer ou non esta obra”.

Publicacións Relacionadas