HomePontevedraO PP presenta ao pleno provincial unha moción para instar ao Goberno...

O PP presenta ao pleno provincial unha moción para instar ao Goberno central a anular a subida de impostos

- Anuncio -spot_img

• A eliminación da desgravación por tributación conxunta ou a dos tipos reducidos e superreducidos do IVE son algunhas das medidas máis dañinas para as clases medias e baixas.


• “Estase elevando o esforzo fiscal das familias no peor momento, e mentres se mantén un Goberno con 22 ministerios, o máis caro da historia, con máis ministerios e máis asesores”.

O grupo provincial do Partido Popular defenderá este venres no pleno da Deputación de Pontevedra apoio unha moción para reclamar ao Goberno de España que anule as subidas de impostos que entraron en vigor en 2021 e que non poña en marcha os aumentos e novos tributos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

“Mentres os distintos gobernos da UE optaron por baixar a presión fiscal á cidadanía, o Goberno de Sánchez decide subilos cando os ingresos nas familias, autónomos ou empresas están reducíndose e, nalgún caso, desaparecendo, contribuíndo así a un maior empobrecemento dos cidadáns, especialmente aqueles con rendas medias e baixa”, denuncia Jorge Cubela, voceiro provincial.

Afirma que o Goberno de Pedro Sánchez xa aplicou unha primeira suba nos orzamentos xerais de 2021, que obriga á cidadanía a pagar máis polas pólizas de seguros, conexións de internet, hai menos desgravacións polos plans de pensión, págase máis IVE, máis IRPF, tamén polos seguros do fogar, vehículos, decesos… E agora, indica, haberá unha nova suba de impostos anunciada “de tapadillo” no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia enviado a Bruxelas.

Para o popular, a eliminación da desgravación por tributación conxunta ou a dos tipos reducidos e superreducidos do IVE son algunhas das medidas máis prexudiciais para a clase media e baixa, pero tamén repercutirá de xeito importante o pago polo uso das autovías ou a eliminación de ata 13 beneficios fiscais. “Case todos os estudos coinciden en sinalar que o 84% dos novos ingresos estatais obteranse de familias de rendas medias e medias/baixas. Estase elevando o esforzo fiscal das familias no peor momento, e mentres se mantén un Goberno con 22 ministerios, o máis caro da historia, con máis ministerios e máis asesores”.

Publicacións Relacionadas