• Domínguez esixe máis dotación económica para servizos sociais, clubs e instalacións deportivos, barrios e parroquias; ademais de retomar a negociación cos traballadores públicos, reabrir Raíña Victoria, trasladar a feira á Alameda, mellorar a limpeza e reducir a carga impositiva que pagan os pontevedreses
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, trasladou ao goberno local as esixencias do grupo maioritario da oposición, baseadas nun decálogo de dez actuacións fundamentais, para a súa incorporación nos orzamentos municipais da cidade para 2025.
- Incrementar en 500.000€ a dotación para Servizos Sociais
“A área de servizos sociais en Pontevedra é unha das que peor funciona no Concello, sen dar unha resposta rápida ás persoas que o necesitan e con numerosas queixas das entidades sociais. Desde o PP reclamamos máis apoio, incrementando a partida económica en 500.000€ para, entre outras actuacións de mellora, contratar psicólogos ou asistentes sociais”, priorizou Domínguez.
- Aumentar en 400.000€ o orzamento destinado á policía local e os bombeiros
O líder do PP local ha recalcado que a cidade do Lérez “ten un problema de inseguridade cidadá que o alcalde negou, a pesar das agresións a veciños e furtos a comerciantes, que debe ser atallado de forma urxente. Nos orzamentos municipais de 2025 debe contemplarse por 400.000€ a contratación de máis policías locais, que patrullen a pé a cidade; ademais de aumentar o persoal de bombeiros”.
- 150.000€ para a reordenación do tráfico, a creación de aparcamentos disuasorios e a reapertura de Raíña Victoria
“Outro dos grandes problemas de Pontevedra, que se agravou desde o peche da avenida Reina Victoria, son as dificultades de tráfico e a falta de aparcamento que fai que moitas persoas elixan outros destinos para facer os seus recados. Por todo iso, vemos necesaria a reapertura de Raíña Victoria e a creación dun Plan de Reordenación do Tráfico, que estimamos que custará ao redor de 50.000€, e o aumento do número de aparcamentos disuasorios, un proxecto para o que serán necesarios outros 100.000€”, anunciou.
- Traslado da feira ambulante á Alameda
O mercadillo de Pontevedra “necesita ser potenciado e devolvelo ao centro da cidade é a mellor forma de xerar unha maior actividade económica para os feirantes, ademais de contribuír a potenciar as cafeterías e a contorna comercial da Alameda”, indicou.
- Plan de Instalacións Deportivas Plurianual e incremento orzamentario do deporte basee por 600.000€
O xefe da oposición manifestou que a organización de grandes eventos deportivos internacionais é “positiva pero non pode supoñer que se deixe de lado ao deporte basee, cunhas instalacións deportivas municipais insuficientes e en malas condicións”.
Para esta partida esixe un incremento de 200.000€ anuais nas axudas aos clubs deportivos da cidade. Ademais, solicita a creación dun programa plurianual de mellora das instalacións deportivas, cun incremento orzamentario de 400.000€ que garanta este compromiso mínimo durante tres anos.
- Diálogo sincero cos traballadores municipais
Domínguez esixiu ao alcalde que o goberno nacionalista retome o “diálogo sincero” cos traballadores do Concello de Pontevedra para mellorar o clima e as súas condicións laborais, despois de que as negociacións leven anos estancadas pola “incapacidade de negociar” de varios concelleiros nacionalistas como responsables de Persoal.
- Mellora da limpeza do centro urbano, barrios e parroquias
Profundou en que “Pontevedra está sucia e transmite unha imaxe de abandono con contedores anticuados e cheos de lixo, froito dunha pésima xestión que se baseou en prorrogar un contrato do ano 1999, #ante a incapacidade do equipo de goberno para adxudicar un novo contrato”.
- Redución da carga impositiva por 400.000€
O Partido Popular ha insistido na posibilidade de rebaixar a carga impositiva que pagan os pontevedreses: “Desde o PP somos partidarios de rebaixar o IBI pero entendemos que debe ser o goberno local o que escolla a forma de reducir 400.000€ dos impostos municipais”.
- Mellora dos barrios por 1.000.000€
“O empeoramento dos barrios de Pontevedra é evidente e máis notorio cada ano pola falta de cumprimento dos servizos básicos esenciais. Zonas en crecemento como A Parda, Monte Porreiro, Campolongo ou A Seca están a sufrir unha deterioración pola falta de investimentos, que estimamos en 1.000.000€ a maiores para o programa de barrios da cidade”, destacou.
- Mellora das parroquias por 1.500.000€
Tamén solicitou un incremento de 1.500.000€ para mellorar as parroquias do rural. Entre as actuacións para destacar, mencionou “o incremento dos días de recollida do lixo e a instalación de contedores novos, incremento da iluminación, mellora do estado do firme das estradas, e actuacións nas casas culturais das parroquias”.
O portavoz municipal do PP finalizou a súa intervención destacando que o orzamento é o “documento máis importante para orientar economicamente as necesidades da cidade e, nós, como o partido máis votado de Pontevedra, temos claro o camiño para seguir e o que queren os pontevedreses”, finalizou.




