HomePontevedraPonte CaldelasO PPdeG denuncia a situación de abandono na que mantén Díaz os...

O PPdeG denuncia a situación de abandono na que mantén Díaz os camiños da parroquia de Barbudo

- Anuncio -spot_img

· Reclaman o arranxo do camiño de acceso ao barrio de Eidodorxe, chego de buracos que poñen en perigo a circulación de vehículos e persoas e que se melloren os sistemas de canalización da auga que eviten que o vial se convirta nun auténtico río en inverno pola choiva.

· Os veciños seguen reclamando máis e mellor iluminación no entorno do Casino e a anciá segue pendente de que o Concello lle afiance un muro de contención que sostén o vial que dá acceso á súa vivenda e que ameaza con derrubarse.

O Partido Popular de Ponte Caldelas levará ao vindeiro Pleno as queixas recibidas por parte de varios veciños da parroquia de Barbudo referentes á situación de abandono no que se atopan varios camiños especialmente o que sirve de acceso e comunicación coas vivendas do barrio de Eidodorxe que presenta buracos que poñen en perigo a circulación de vehículos e persoas.

Os veciños quéixanse tamén de que non existe un sistema de drenaxe e canalización axeitado das augas pluviais o que produce que no inverno, coas precipitacións metereolóxicas, o camiño de Edidorxe se convirta nun auténtico río por onde baixa a gran velocidade a choiva. Tamén reclaman unha actuación para mellorar unha conducción de regadío que se atopa en mal estado.

Ademais, un veciño denuncia que o remate dese vila, no Camiño da Fonte dos Muros, está sen pavimentar adecuadamente e a inclinación do terreo e a falla dun sistema de drenaxe provoca que cando chegan as temporadas da choiva as augas pluviais acaban nas antigas cortes da súa vivenda provocándolle inundacións e graver perxuizos. O residente nesa casa asegura que o camiño é municipal e polo tanto é obriga do Concello poñerlle solución a este problema que padece de xeito reiterado todos e cada un dos invernos.

Por outra banda, seguen sen resolverse os problemas denunciados polos veciños e levados a Pleno polo Partido Popular no tocante a un ramal do Camiño do Casteliño que dá acceso a unha vivenda onde vive soa unha anciá octoxenaria que ten dificultades para que a empresa subministradora de gasóleo para a calefacción poida atendela nos días de intenso frío xa que o camión, para acceder ao seu domicilio ten que pasar por este vial que ameaza derrube e, de feito, xa caíron varias pedras que fan de sostén e as fendas pódense observar a simple vista evidenciando un grave risco de desprendemento e de colapso.

Levado este asunto a Pleno e solicitada a intervención dun técnico municipal que certificara o estado do camiño, o alcalde asegurou que estaba en perfecto estado e que non corre perigo de derrube. Aínda así, os veciños insisten en que se interveña para evitar que o seu deterioro vaia a maiores.

FALTA DE ILUMINACIÓN NO ENTORNO DO CASINO

Por outra banda, os populares trasladarán de novo ao Pleno as queixas de varios veciños sobre a falta de visibilidade e de iluminación nos camiños existentes debaixo do Casino de Barbudo tras unha reorganización feita polo goberno municipal do alumeado público existente. Retiráronse varios puntos de luz no entorno deste local social e non se ubicaron outros substitutivos que tiveran a mesma función polo que os veciños se queixan de situacións de perigo para a seguridade vial para as persoas maiores con problemas de mobilidade xa que a falta de iluminación axeitada dificulta o tránsito seguro pola zona.

Finalmente tamén trasladarán ao Pleno a necesidade de bachear ou asfaltar varios tramos dos camiños adxacentes ao Casino de Barbudo que se atopan en situación de grave deterioro polo uso de vehículos, sobre todo no lugar utilizado habitualmente para que os automóbiles dean a volta ante os angostos e estreitos viais da zona.

Publicacións Relacionadas