HomePontevedraPonte CaldelasO PPdeG denuncia que o estado de abandono de Ponte Caldelas amplíase...

O PPdeG denuncia que o estado de abandono de Ponte Caldelas amplíase ata os principais atractivos turísticos como o Paseo da Calzada e os petróglifos de Tourón e Pedra do Cervo

- Anuncio -spot_img

· Reclaman ao Concello unha urxente intervención para mellora-lo aspecto do Paseo da Calzada, reposición de farolas, protección dos cables de varios báculos arrancados que supoñen un perigo e a conservación do espazo de convivencia veciñal da praia fluvial, primeira bandeira azul de España nesta categoría.

· Lamentan que a Área Arqueolóxica de Tourón e a Pedra do Cervo se atopen nunha grave situación de desatención en plena campaña estival e coa chegada de visitantes.

O Partido Popular de Ponte Caldelas súmase ás mostras de preocupación veciñais sobre o mal estado no que se atopa o Paseo da Calzada que dá acceso á primeira praia fluvial de España en obter o distintivo de calidade europeo da Bandeira Azul, lograda no ano 2015 durante o mandato do anterior alcalde, Perfecto Rodríguez, e da grave desatención que sufren a Área Arqueolóxica de Tourón e a estación rupestre da Pedra do Cervo, en Cuñas.

A imaxe de desatención e abandono que sufre a vila de Ponte Caldelas exténdese aos principais atractivos turísticos do municipio como son o Paseo e a praia fluvial da Calzada e a Área Arqueolóxica de Tourón e a estación rupestre da Pedra do Cervo que presentan unha imaxe lamentable.

En Plenos pasados e a través de denuncia pública, o PPdeG viña de esixir unha intervención para protexer o patrimonio arqueolóxico e mesmo fomenta-lo seu coidado e estudio a través da subscrición por parte do Concello de convenios de colaboración coa Xunta, Deputación e mesmo as Universidades, pero as súas reiteradas mocións foron rexeitadas pola maioría aplastante do Goberno de Andrés Díaz que se nega a preservar e mellora-lo o patrimonio arqueolóxico do municipio.

O Paseo da Calzada motivou tamén unha intervención do voceiro do Partido Popular, Antón Xil, no Pleno esixindo unha intervención a fondo na zona para repoñer as farolas arrincadas, mellora-las pasarelas de madeira e atender a zona recreativa como se merece xa que a ferruxe apoderouse da zona de estacionamento de bicicletas, as papeleiras están destrozadas e do parque infantil alí existente so queda un cabaliño de muelle que resiste o paso do tempo e o abandono.

Pese a que o alcalde sinalou que as pasarelas estaban en bo estado, “agás un par de taboliñas” a súa revisión e intervención motivou que se retiraran e substituíran máis da metade, pero aínda así os váculos das farolas están sin repoñer e lucen perigosamente os cables á vista e sin protección ningunha fronte a calquera accidente, sobre todo pola noite cando hai problemas de visibilidade na zona.

Tamén o PPdeG se queixa polo abandono do paseo ao carón do río onde se pode observar un gran socavón xunto á ponte vella e as escaleiras de acceso á zona baixa do viaducto que poñen en risco a presenza de calquer viandante.

TOURÓN E A PEDRA DO CERVO, VÍTIMAS DO ABANDONO

Por outra banda, a Área Arqueolóxica de Tourón, na metade do mes de xuño, está en situación de abandono total, co valado de peche perimetral en pésimas condicións, roto e polo chan en varios lugares, a maleza se apropia dos camiños e sendeiros que dan acceso ás estacións rupestres e mesmo os sinais indicativos están sendo devorado por xestas, toxos e fentos.

A Pedra do Cervo ten un acceso desde a estrada que vai de Caldelas a Borela, impracticable, e a estación rupestre está asedidada pola maleza, o peche perimetral para protexela dos animais é inexistente e a conservación arqueolóxica feita polos técnicos da Deputación pasou xa a mellor vida por culpa do esquecemento e a falla de mantemento periódico que esa actuación debería ter por parte do Concello para conservar a súa funcionalidade.

Esta estación rupestre foi motivo de innumerables visitas promovidas por estudiosos da arquitectura galega e foi un motivo evocador de varias publicacións e actuacións culturais na nosa comarca, pero hoxendía atópase nunha situación de abandono incomprensible e inxustificable.

Por todo esto, o PPdeG pedirá no vindeiro Pleno, de novo, que se atendan as necesidades de conservación do patrimonio arqueolóxico e turístico do municipio xa que forman parte da nosa identidade como pobo e resulta un feito diferencial de Ponte Caldelas como polo de atracción turística na comarca de Pontevedra e en Galicia.

Publicacións Relacionadas