· O PPdeG non entende como habendo funcionarios e persoal laboral suficientemente capacitado se está creando “unha administración paralela” no andar superior do Consistorio con “persoal de confianza” da Alcaldía.
· As auxiliares patrullaban con asiduidade sen a preceptiva supervisión dos axentes. O alcalde xustificou o retraso no pago a proveedores na falta de interventores. O paso de 4 arquitectos por Urbanismo retrasa os expedientes e o seguemento das denuncias e a renuncia de socorristas pon en perigo a Bandeira Azul.
O Partido Popular de Ponte Caldelas preguntaralle ao alcalde, Andrés Díaz, no vindeiro Pleno Municipal polas razóns que fan que o persoal do Concello renuncie ás súas prazas ou pidan ás primeiras de cambio o seu traslado fóra deste municipio. O último episodio vivido está protagonizado polas dúas auxiliares de Policía Local, recentemente contratadas, e que xa deixaron de presta-las súas funcións en Ponte Caldelas para pedir outro destino. Coincide esta circunstancia co feito, detectado pola veciñanza, de que estas auxiliares patrullaban habitualmente sen a supervisión obrigada dos funcionarios oficiais da Policía Local e en horarios vespertinos, non coincidentes cos axentes, tal e como é preceptivo.
Este non é o único caso extrano de marcha de traballadores do Concello xa que, en ano e pico largo, levan pasado polas dependencias municipais de Urbanismo ata 4 arquitectos responsables deste departamento municipal e, con anterioridade, xa se vivira un longo episodio de substitucións a cargo do servizo de intervención deste Concello que incluso, segundo palabras do propio alcalde, estaría detrás dos continuos retrasos no pagamento a provedores locais das facturas que acumulan sen ser pagadas pola administración local.
Moitos veciños se queixan de que con tanto cambio en Urbanismo os trámites non se realizan coa celeridade que deberían e mesmo procesos de denuncias urbanísticas non se substancian coa rapidez que os afectados demandan polas continuas substitucións neste departamento.
CREACIÓN DUNHA ADMINISTRACIÓN PARALELA NA PLANTA SUPERIOR DA CASA CONSISTORIAL
Esta circunstancia de marcha do persoal resulta coincidente no tempo cunha serie de cambios ordenados desde a Alcaldía e que afectan á adscrición nos servizos que prestan funcionarios e traballadores municipais así como pola creación dunha especie de “administración paralela” na planta superior da Casa Consistorial onde se concentra o “persoal de confianza” do alcalde e que, en moitos casos, suple as funcións que habitualmente están determinadas que sexan desempeñadas por funcionarios ou traballadores laborais do Concello provocando así a sorpresa e a inquedanza en moitos veciños que vén como teñen que facer “una parada previa obrigada” no despacho do andar superior antes de realiza-las súas xestións ordinarias.
Por outra banda, paradóxicamente, departamentos como o de Servizos Sociales seguen padecendo un déficit de persoal, sobre todo en tempos da Covid-19, onde en lugar de 3 ou 4 operarios, que sería o que lle correspondería a Ponte Caldelas polo seu ratio poboacional, só estivo unha persoa ao fronte. Paralelamente a esta circunstancia, persoas alleas á administración local realizan chamadas periódicas a persoas maiores aproveitándose do listado telefónico que atesoura o Concello polas fichas dos veciños que teñen feito algunha tramitación nas instalacións municipais que nada teñen que ver co “teléfono de acompañamento” posto en marcha polo gabinete socialista instalado na planta superior do Consistorio.
Este ano, como xa pasou con anterioridade, tamén hai problemas para mante-los 3 socorristas que esixe a Bandeira Azul da praia da Calzada xa que un acaba de renunciar e non se descarta que esta baixa poida ser ampliada. Hai dous anos o Concello de Ponte Caldelas tivo que arriar a enseña de calidade europea por non cumprir estes parámetros de seguridade polo que si non se resolve esta circunstancia podería volver a suceder.




