HomePontevedraPonte CaldelasO PPdeG propón que o Concello de Ponte Caldelas homenaxee ao artista...

O PPdeG propón que o Concello de Ponte Caldelas homenaxee ao artista Carlos García Mourón polo quinto cabodano do seu pasamento

- Anuncio -spot_img

· Os populares propoñen que se faga unha exposición monográfica da súa obra pictórica na Casa da Cultura durante as Festas da Troita ou na das Dores.

· Especializado no uso da acuarela, inspirou gran parte da súa obra en Ponte Caldelas lugar no que se sentía moi integrado

O Partido Popular de Ponte Caldelas proporá ao equipo de goberno municipal que homenaxee a figura do artista Carlos García Mourón coincidindo co quinto cabodano do seu pasamento que se cumpre neste mes de xullo cunha serie de actos nos que non debería faltar unha mostra monográfica da súa obra na sala de exposicións da Casa da Cultura durante a celebración das próximas Festas da Troita do mes de maio ou mesmo da Festa das Dores, no verán.

Carlos García Mourón dedicou casi toda a súa vida ao mundo da pintura xa que comezou a crear desde unha idade moi temprana. Estudiou Belas Artes e foi becado pola Deputación Provincial de Pontevedra para rematar a súa formación artística.

García Mourón mantivo sempre un apego especial por Ponte Caldelas e as súas paisaxes inspiraron moitas das súas obras que pintaba, fundamentalmente en acuarela cun xeito moi característico posto que as tonalidades color ocre que utilizaba aplicábaas á típica pedra gris galega o que lle valeu ter un selo e un marchamo propio fronte a outros pintores.

Carlos García Mourón era primo do insigne galeguista e director do Museo de Pontevedra, Xosé Filgueira Valverde, e fillo do ex alcalde republicano de Pontevedra Manuel García Filgueira, que ocupaba a Alcaldía da capital da provincia durante a sublevación das tropas franquistas que deu paso á Guerra Civil.

Precisamente, o seu pai tivo que fuxir e agocharse durante anos para evitar ser represaliado e a súa nai pasou un tempo no cárcere na compaña do seu fillo Carlos, de moi curta idade. Cando quedaron en liberdade tiveron que pasar por moitas privacións e calamidades polo baleiro imposto na sociedade civil polos defensores da dictadura.

UNHA OBRA INSPIRADA EN PONTE CALDELAS

Este pintor pontevedrés tiña un apego moi especial por Ponte Caldelas non en ano se especializou en pintar motivos que teñen que ver con esta vila como as fachadas de antigas casas, portas, pontes, paisaxes… De feito é ben coñecido o interese que estas obras levantaban entre os nosos emigrantes que non se resistían a mercar algunha das súas pinturas para levarse como recordo permanente da súa terra cando retornaban, despois do verán, aos seus países de acollida sobre todo en América.

Por todo elo, o grupo municipal do Partido Popular considera que Carlos García Mourón ten acreditada unha homenaxe merecida polo que insta ao grupo de Goberno a que inclúa dentro da súa actividade festiva actos ou exposicións para poñer en valor a vida e obra deste pontecaldelán de adopción.

Publicacións Relacionadas