· O Concello segue acumulando irregularmente nunha parcela municipal do polígono da Reigosa cascallos que as empresas teñen a obriga de tratar axeitadamente e inclúen nos conceptos a facturar polas obras públicas.
· Os populares temen que a falta de xestión provoque un novo episodio de retrasos e incumprimentos como pasou coa obra de cambio de céspede do campo de fútbol que todavía segue sen resolverse.
O Partido Popular responsabiliza ao goberno de Andrés Díaz do retraso e a parálise inxustificados no remate das obras de mellora dos itinerarios peonís na Avenida de Vigo e na estrada do Balneario provocando un grave transtorno aos veciños e visitantes que se achegan ata Ponte Caldelas.
Segundo puderon constantar os edís do PPdeG as obras están prácticamente paralizada e sen avance algún e a ampliación do prazo concedido polo goberno municipal para rematar as obras caducou o pasado 12 de xullo sin que a empresa adxudicataria, “Asfalgal, Técnicas Viarias” deran por finalizados os traballos obxectos da súa contratación.
A falta de operarios e os retrasos continuos nas obras xa foran advertidos pola veciñanza que expresara as súas queixas pola lentitude e polo insatisfactorio da marcha das obras que facían presaxiar con antelación a esta circunstancia que estes traballos tiñan pinta de acabar en conflicto como os producidos no proceso de substitución do céspede artificial do campo de fútbol e da pista de pádel, que todavía despois de casi dous anos segue sen resolverse satisfactoriamente para os intereses dos veciños de Ponte Caldelas.
Desde hai tempo o comentario da veciñanza discurría sobre a falla de persoal e de dilixencia á hora de atender o avance as obras que foron retrasándose de tal xeito que o incumprimento era unha cuestión sobre a que ningún veciño da zona afectada polas molestias das obras tiña a mínima dúbida.
Avanzado o tempo, cumpriuse o prazo de remate das obras previsto para o mes de xuño e tras solicitar unha prórroga de 12 semanas, o goberno de Andrés Díaz accedeu a concederlle un novo aprazamento que rematou o 12 de xullo sin que se vexa un progreso axeitado que faga vislumbrar que os traballos rematen nos vindeiros meses.
CASCALLOS TIRADOS NUNHA PARCELA MUNICIPAL DA REIGOSA SEN O OBRIGADO TRATAMENTO DESCONTAMINANTE
Por outra banda, o Grupo Municipal do PPdeG trasldaralle ao alcalde no vindeiro Pleno a súa preocupación pola acumulación de toneladas e toneladas de cascallos nunha parcela municipal no polígono da Reigosa procedentes dos acopios que as distintas empresas adxudicatarias das obras foron retirando en depositando neste espazo que non está habilitado para facer ningún tipo de tratamento descontaminante sobre eses residuos. Ademais, os populares preguntarán porque se permite que se acumulen eses cascallos durante meses e meses cando as empresas cobran pola retirada e tratamento deses residuos e non o están facendo, incumprindo deste xeito o contrato asinado co Concello de Ponte Caldelas.
Asemade, preguntarán ao alcalde pola finalización das obras do campo de fútbol e da pista de pádel que levan un retraso de dous anos e cuxos residuos, despois de levar meses e meses acumulados en bolsas en Chan da Barcia, foron retirados por unha empresa por encargo do Concello sin que conste nin o custe nin o tratamento descontaminante que están recibindo nin tampouco que imputación dese incumprimento do contrato se lle está a facer á empresa adxudicataria desas obras que seguen sen rematar pese ao tempo transcurrido e íanse facer en 20 días.
Para os populares, “estamos ante un novo episodio de desidia e incapacidade para xestionar os intereses públicos e onde as empresas campan ás súas anchas con prezos baratos para gañar os concursos sabedoras de que despois non hai, presuntamente, ningunha responsabilidade por incumprir os contratos xa que o alcalde fai unha deixadez clara de funcións de vixianza e coidado sobre os bens e os intereses dos veciños de Ponte Caldelas”.




