HomePontevedraO presidente do PP provincial acusa ao Goberno central da continua discriminación,...

O presidente do PP provincial acusa ao Goberno central da continua discriminación, menosprezo e falta de respeto que sofre a provincia en infraestruturas de mobilidade

- Anuncio -spot_img
  • Luis López indicou que o que está a ocurrir é completamente esperpéntico, xa que acaban de anunciar outra prórroga da gratuidade da AP-7 na circunvalación de Alicante e por riba aínda din que están traballando para a súa liberación definitiva.
  • Precisou que o que si é posible en Valencia, tamén é posible en Pontevedra, pero “semella que non vai ser así”. Logo de que Óscar Puente, se negara a nen sequera valorar o rescate da AP-9 entre Vigo e Tui, horas despois o seu Ministerio anuncia a gratuidade da AP-7 na circunvalación de Alicante, segundo o criterio de que a A-70 está na súa capacidade máxima, ao igual que ocorre na A-52.
  • “Non imos a tolerar este tipo de agravios contra a nosa provincia, e non imos a consentir que o Goberno ataque e discrimine a Pontevedra desta maneira. Imos facer todo o que sexa posible para que teñamos o que nos corresponde, e o que non se pode entender e que isto conte co aplauso do PSOE de Vigo e de toda a provincia.
  • Luis López indicou que a maiores, vimos de asistir ao 19º aprazamento do debate da transferencia da AP-9 no Congreso dos Deputados. Segue negándose a Galicia incluso o debate, o que é unha  tomadura de pelo constante aos galegos, precisou.

O presidente do PP provincial de Pontevedra, Luis López acusa ao Goberno central da continua discriminación, menosprezo e falta de respeto que sofre a provincia de Pontevedra, no que se refire a todo tipo de infraestruturas que teñen que ver coa mobilidade, e o que non se pode entender e que isto conte co aplauso do PSOE de Vigo e de toda a provincia.

Luis López lamentou que a nosa comunidade estea tan menosprezada polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible. “O que está a ocurrir é esperpéntico, agora anuncian outra prórroga da gratuidade da AP-7 na circunvalación de Alicante e por riba aínda din que están traballando para a súa liberación definitiva”, indicou o presidente provincial.

Luis López precisou que o que si é posible en Valencia, tamén é posible na nosa provincia, pero “semella que non vai ser así”. Logo de que o ministro de Transportes, Óscar Puente, se negara a nen sequera valorar o rescate da AP-9 entre Vigo e Tui, horas despois o seu Ministerio anuncia a gratuidade da AP-7 na circunvalación de Alicante segundo o criterio que a autovía A-70 está na súa capacidade máxima.

Isto foi o mesmo que argumentou Nidia Arévalo o pasado martes no Senado nunha interpelación ao ministro. É exactamente o mesmo caso da A-52, que conta cun alto volume de tráfico diario fronte a AP-9 que discorre paralela cunha densidade moito menor de tráfico sendo ademáis un dos tramos da AP-9 menos transitados.

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible aprobou prorrogar a gratuidade da AP-7 e vai levantar definitivamente a peaxe da autoestrada, segundo din, ante os bos resultados que está a lanzar a medida activada a mediados de xullo. “Iso mesmo, podería ocurrir na nosa comunidade, porque seguro que si se levanta a peaxe da AP-9, os resultados serán máis que satisfactorios. Isto é un auténtico pitorreo por parte do Goberno central e non imos a tolerar este tipo de agravios contra a nosa provincia, e non imos a consentir que o Goberno ataque a Galicia e a Pontevedra desta maneira e faremos todo o que sexa posible para que teñamos o que nos corresponde”, avanzou Luis López.

Luis López lamentou que aínda por riba teñan a desfachatez de dicir que “á vista dos bos resultados obtidos na proba piloto, o Ministerio de Transportes aposta pola liberación definitiva da peaxe da autoestrada AP-7 e que esta sirva como alternativa cómoda, segura e eficaz ao tráfico, especialmente de longo percorrido”. “Nós tamén estamos dispostos a que a AP-9 conte cunha proba piloto, como tivo Alicante, pero a ver se cos bos resultados que, seguro que tamén se poden acadar, o Goberno aposta pola súa liberalización definitiva”, ironizou o presidente popular.

“É intolerable esta falta de respeto cos cidadáns galegos. Levamos moito tempo reclamando ao Goberno de España a transferencia da titularidade da AP-9 nos termos previstos na proposición de lei Orgánica aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e que inicien con carácter inmediato, as negociacións coa concesionaria da autoestrada AP-9 o fin de, a maior brevidade, liberar de peaxe o tramo Vigo-Porriño, e o tramo Pontevedra -Vigo”.

19º aprazamento do debate da transferencia da AP-9 no Congreso

Luis López indicou que, a maiores, vimos de asistir ao 19º aprazamento do debate da transferencia da AP-9 no Congreso dos Deputados. “Segue negándose a Galicia incluso o debate, o que é unha  tomadura de pelo constante aos galegos. Continuaremos defendendo os nosos intereses e o que esiximos ao Goberno é respecto e seriedade, porque estamos ante un agravio que está a prexudicar a economía das familias e a competitividade de sectores estratéxicos como o transporte”, lamentou o presidente provincial.

Publicacións Relacionadas