O programa DepoRuarte da Deputación pasou polo Instituto de Ensino Secundario de Soutomaior. Hoxe inaugurouse o mural “Vida Submarina” nun dos patios do centro coa asistencia da deputada Ana Laura Iglesias. Ao acto asistiu tamén unha representación do Concello e do equipo docente, acompañando aos case 20 integrantes do alumnado de Bacharelato que tomaron parte na actividade. O estudantado recibiu unha sesión formativa sobre a vida mariña e o impacto dos contaminantes nos océanos, especialmente os plásticos. A continuación realizaron a intervención artística coa dirección dunha especialista na área. Tódalas pinturas utilizadas son ecolóxicas.
O programa DepoRuarte aborda este ano a súa quinta edición e pasou xa por máis de 40 concellos, chegando a 2.128 mozos e mozas da provincia.




