- Charla informativa o luns día 17 ás 12:00 horas no auditorio Reveriano Soutullo
- Formación, orientación e unha beca de 400€
O Concello de Ponteareas convida a todas as mulleres a participar no acto informativo sobre o programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano “Muller Rural” . Organizado por Acción Laboral en colaboración coa concellería de Emprendemento do Concello de Ponteareas que dirixe Silvia González conta co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Este programa financiado pola Unión Europea ofrecerá orientación laboral, formación e obradoiros de competencias, deseño de itinerario formativo personalizado, información sobre ofertas de emprego e compromiso de inserción. As mulleres participantes que superen a formación obterán unha beca de 400€.
A formación ao longo da vida é algo fundamental segundo salienta a alcaldesa Nava Castro quen anima a todas as mulleres a informarse e actualizarse, “este programa pode ser unha oportunidade para descubrir novas vías laborais, apoios ou perfís profesionais”.
A concelleira de Emprendemento, Silvia F. Táboas, convida a todas as mulleres a participar este luns día 17 ás 12:00 horas. A charla informativa ofrecerase na sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.
Aquelas mulleres que precisen máis información poderán chamar á Oficina de Acción Laboral 986 090 146, no 692 881 126 ou 667 83 42 50. Tamén poden contactar no correo electrónico mgonzalez.vg@accionlaboral.com ou lcovelo.vg@accionlaboral.com
Acción Laboral é unha axencia de colocación sen ánimo de lucro recoñecida polo Servicio Público de Empleo (SEPE) como entidade de intermediación laboral.




