O PSdeG-PSOE de Ponteareas quere amosar todo o seu apoio a Represas e a súa familia en esta difícil situación persoal que lle está a tocar vivir, así como, agradecer o seu compromiso co progreso e ben estar dos veciños e veciña de Ponteareas.
Nos vindeiros días o PSdeG de Ponteareas reunirase coa agrupación local do BNG para abordar o pacto de goberno de cara a buscar mellores sinerxias que redunden en un goberno mais cohesionado e eficaz para as veciñas e veciños do noso concello.
Non obstante dende o PSdeG queremos manifestar o noso apoio a actual 1ª tenente de alcalde, Sra. Cristina Fernández para que se converta na vindeira alcaldesa de Ponteareas.




