HomePontevedraO CondadoO Punto Limpo Móbil comezará a percorrer as parroquias de Salvaterra de...

O Punto Limpo Móbil comezará a percorrer as parroquias de Salvaterra de Miño

- Anuncio -spot_img

Unha vez recibido o Punto Limpo Móbil, o Concello de Salvaterra de Miño pon en funcionamento o servizo polas parroquias. A ruta iniciase o 15 de outubro en Porto e pasará nesta primeira quenda polas parroquias de Arantei, Cabreira, Alxén, Pesqueiras, Soutolobre, Lourido, Fornelos e Lira.

O vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e dúas caixas de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro, unha pechada con compartimentos para recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros e outra aberta; está financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Concello de Salvaterra de Miño.

Este Punto Limpo permite a recollida de residuos urbanos non convencionais naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese, para favorecer a prevención, a recollida separada e para a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais. Os obxectivos principais que se pretenden acadar con este vehículo son a mellora do servizo de recollida de residuos especiais municipais ou incrementar as porcentaxes de recollida selectiva de residuos de pequeno tamaño sen recollida convencional como pequenos electrodomésticos, pilas ou baterías.

Publicacións Relacionadas