HomePontevedraBaixo MiñoO Rosal súmase ao coidado da natureza cun obradoiro de construción de...

O Rosal súmase ao coidado da natureza cun obradoiro de construción de hoteis para insectos

- Anuncio -spot_img

Concello e Anabam celebran este curso gratuíto o vindeiro sábado 16 de marzo ás 10.30 h no muíño das Aceñas

O Rosal continúa dando pasos para concienciar á veciñanza sobre a importancia do coidado da natureza cunha nova actividade de balde para todos os públicos. Concello e Anabam organizan o vindeiro sábado 16 de marzo un obradoiro de construción dun ‘Hotel para insectos’, que busca achegar a rosaleiros e rosaleiras a estes pequenos seres que xogan un papel moi importante na natureza como polinizadores.
O obradoiro terá lugar a partir das 10.30 horas nas instalacións do muíño das Aceñas e estará aberto a público de todas as idades. As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta poden xa inscribirse enviando unha mensaxe de Whatsapp ao número de teléfono 616 18 05 57.
A concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez, salientou a importancia para veciñanza e contorna de realizar este tipo de actividades, “unha grande oportunidade para aprender e desfrutar da biodiversidade local”. A edil convida a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar no obradoiro e “involucrarse nunha iniciativa que nos permitirá seguir creando conciencia dun xeito ameno e divertido sobre a importancia da conservación da natureza”.

Publicacións Relacionadas