HomePontevedraO SalnésO SERGAS efectúa no concello de Vilagarcía de Arousa novos cribados poboacionais...

O SERGAS efectúa no concello de Vilagarcía de Arousa novos cribados poboacionais con PCR cara a ampliar a detección da Covid-19 no distrito sanitario de O Salnés

- Anuncio -spot_img

En coordinación co Concello Vilagarcián, este cribado voluntario terá lugar a partires das 9 da mañá

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocará a arredor de 400 veciños residentes neste lugar da localidade arousá

As mostras tomadas en Vilagarcía de Arousa procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados negativos serán comunicados por SMS mentres que os casos positivos notificaránse de xeito individual a cada cidadán

O Servizo Galego de Saúde efectuará mañá mércores 23 de xuño en Vilagarcía de Arousa novos cribados poboacionais con PCR cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos para reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

En coordinación co Concello de Vilagarcía de Arousa, este cribado voluntario no Distrito Sanitario de O Salnés terá lugar nunha carpa específica emprazada no campo de fútbol de Verdón, a partires das 9 da mañá. Á dita iniciativa preventiva o SERGAS convocará nas vindeiras horas a arredor de 400 veciños residentes neste lugar do Concello arousán.

Para levar a cabo esta iniciativa, durante mañá mércores 23 de xuño a Administración Sanitaria Pública galega contará na carpa con dous equipos de enfermaría, que efectuarán o control das tomas de mostras e a información aos usuarios.

Proceso das mostras e notificación de resultados

Todas as mostras tomadas con PCR durante a xornada de mañá no campo de fútbol de Verdón en Vilagarcía de Arousa procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada cidadán.

Publicacións Relacionadas