HomePontevedraO SERGAS realizará un novo crivado en Soutomaior a partir deste luns

O SERGAS realizará un novo crivado en Soutomaior a partir deste luns

- Anuncio -spot_img
  • Habilitaranse dous postos de análises no Peirao de Arcade para atender a peóns e vehículos
    A pesar de contar cunha incidencia acumulada inferior aos 500 casos por 100.000 habitantes nos últimas 14 días, Soutomaior seguirá en situación de risco extremo. Por iso, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, solicitou un novo cribado ao SERGAS para detectar asintomáticos. A proba realizarase no Peirao de Arcade a partir deste luns pola tarde.
    Así, segundo indicou o alcalde esta mañá, o estudo epidemiolóxico realizarase con análise PCR a veciños con idades comprendidas entre os 30 e os 64 anos, aproximadamente unhas 2500 persoas. A proba levará a cabo na chaira do Peirao de Arcade e contará con dous postos de análises, un para atender aos peóns e outro para atender aos veciños dentro dos seus propios vehículos. Como no resto de cribados realizados polo Sergas, só poderán participar nas probas aquelas persoas que fosen citadas previamente polo Servizo Galego de Saúde.
    Aínda que a proba é voluntaria, o alcalde quixo recalcar a importancia de asistir á convocatoria para terminar de reducir a incidencia do virus no municipio. “É moi importante que todos os citados acudan ás probas, pola súa propia seguridade, pola de quen lle rodea e pola de todos os veciños”, indicou Reguera, que anunciou que os resultados dos test comunicaranse persoalmente a cada veciño polo SERGAS.
    Cribados xerais nos centros escolares do municipio
    Ademais do cribado xeral que comeza o luns, o rexedor indicou que tamén se realizarán análises masivas nos centros de educación pública do municipio, o CEIP Padin Truiteiro e o IES Soutomaior. A proba comezará a partir do mércores día 10 no centro de secundaria e a continuación realizaranse no CEIP.

Publicacións Relacionadas