HomePontevedraO Teatro espontáneo converte ao Mercado nun espazo de liberdade, creatividade...

O Teatro espontáneo converte ao Mercado nun espazo de liberdade, creatividade e respecto

- Anuncio -spot_img

A actividade está promovida pola Concellaría de Benestar Social e a asociación Inzar. Non precisa  inscrición.  

É un obradoiro mensual, de dúas sesións de hora e media, que neste mes desenvólvese os xoves 18 e 25. 

Liberdade, creatividade e convivencia danse a man no Teatro espontáneo, unha iniciativa promovida pola  Concellería de Benestar Social, que xestiona a concelleira Anabel Gulías, en colaboración coa asociación  Inzar, posta en marcha o pasado febreiro co fin de xerar espazos de encontro, de reflexión e crecemento  persoal, social e comunitario.  

Este obradoiro é unha actividade mensual que se desenvolve en dúas sesións de hora e media, en dous  xoves consecutivos.  

O terceiro xoves de cada mes, neste caso o día 18 de abril, celébrase unha sesión de adestramento en  técnicas de escenificación, improvisación e teatro espontáneo na Casa Azul, en horario de 19.30 a 21.30  horas. É unha actividade aberta polo que para participar só hai que acudir, non é necesario inscribirse.  

Unha semana máis tarde, o cuarto xoves de abril o día 25, o Mercado acolle unha representación pública  deste teatro de improvisación, en horario de 20.00 a 21.30 horas. Trátase dunha interpretación sen guión  previo, no que os actores e actrices, autores e público constrúen un relato colectivo.  

O Teatro espontáneo busca crear condicións para que as persoas poidan expresarse con liberdade, dicir o  que queiran, reflexionar sobre os temas que lle interesan ou inquietan, debater sen confrontación, buscar  respostas e transitar cara a unha creación colectiva.  

Malia non ser -en termos rigorosos- un produto artístico nin un recurso terapéutico, o teatro espontáneo é  unha ferramenta de resolución de conflitos, unha intervención social que fomenta o diálogo social  respectando a diversidade, fortalece o desenvolvemento humano e a conciencia cívica, ademais de  incentivar a participación social activa. 

Publicacións Relacionadas