HomeO MorrazoCangasO vindeiro martes Vitoria Portas presidirá un pleno onde se votará un...

O vindeiro martes Vitoria Portas presidirá un pleno onde se votará un proxecto dotado con unha subvención de 2.688.000 euros para iluminación

- Anuncio -spot_img

Este proxecto tratase de  un dos máis importantes e ambicioso ata  de agora no municipio en materia de Iluminación Publica; consistente  na  completa substitución do  tradicional alumeado  por un de Tecnoloxía  LED.

O Concello de Cangas está a levar a cabo o proxecto  da renovación integral de tódolos puntos de luz da Iluminación Publica Exterior substituíndoos por fontes de tecnoloxía LED, proxecto enmarcado dentro do “Programa  Operativo FEDER de crecemento sostible 2014/2020” no contexto do Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

O Proxecto ten como obxectivo reducir a importante facturación eléctrica de case un 6 % do Orzamento Municipal, como tamén a redución  da contaminación lumínica, integrando o proxecto dentro dun plan global para o desenvolvemento sostible e dotando a Cangas  dun carácter exemplar e inspirado. Estética e orixinalidade son totalmente compatibles coa economía e sustentabilidade. Este cambio na iluminación é un elemento importante do desenvolvemento urbano, proporcionando maior calidade de vida e benestar  aumentando  a seguridade e facendo do Concello de Cangas un Municipio cunha  Iluminación Pública  100% sostible..

O concello conta con 5.600 puntos de luz que lanzan un consumo de 2.668.139 kwh,  cun custo aproximado anual de 382.611 euros de gasto enerxético, ao que hai que sumarlle outros 45.000 euros polas continuas avarias de una rede obsoleta con enormes deterioracións polos seus  anos de antigüidade.

Segundo o proxecto redactado substituiríanse os 5.600 puntos de luz existentes nas 5 parroquias do municipio por iluminación con tecnoloxía LED de alta eficiencia enerxética, tamén se renovarían máis de 90 cadros de mando e protección para adaptalos ás novas esixencias legais, cambiando máis de 60 quilómetros de liñas aéreas e máis de 14 quilómetros de liñas enterradas, substituíndo uns 193 apoios de formigón deteriorados e obsoletos polo paso dos anos.

Esta iniciativa conseguirá un aforro para as arcas municipais de máis de 250.000 euros anuais, ao mesmo tempo que se rebaixa a contaminación lumínica e modernízase a vila, todo isto conseguindo unha axuda de máis de 2.600.000 euros para a súa realización, un proxecto que antes ou despois tería que acometer o consistorio para adaptarse ás novas normativas e que nestes momentos conta con este tipo de axudas, que segundo Vitoria Portas “ hai que aproveitar a oportunidade cando se presenta e non deixala escapar e os prazos como sempre son moi xustos” por este motivo mantiveron varias reunións ao longo destes días para presentar o proxecto a todos os membros da corporación, un proxecto que será votado o vindeiro martes e co que dará comezo a modernización da rede de iluminación pública, e o mellor de todo é que se pode facer cunha axuda de máis de 2.500.000 de euros que non sairían das arcas do consistorio, permitindo utilizar ese diñeiro para outros investimentos tamén moi necesarias ao longo dos anos.

Publicacións Relacionadas