HomeO MorrazoMarínOs cribados poboacionais con PCR efectuados en pasadas datas no concello de...

Os cribados poboacionais con PCR efectuados en pasadas datas no concello de Marín pola Área Sanitaria de Ponteveddra e O Salnés detectaron vinte casos positivos de Covid 19

- Anuncio -spot_img

En total, citouse a un total de 4.157 persoas dos sectores educativo, empresarial e poboacional, das que asistiron voluntariamente 2.650, cifra que representa unha porcentaxe de participación do 63,75 por cento a esta iniciativa preventiva

Os cribados poboacionais con PCR con mostra nasofarínxea efectuados en pasadas datas no Concello de Marin pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron un total de vinte casos positivos de COVID 19 nesta localidade.

En total, citouse a un total de 4.157 persoas dos sectores educativo, empresarial e poboacional, das que asistiron voluntariamente 2.650, cifra que representa unha porcentaxe de participación do 63,75 por cento a esta iniciativa preventiva.

Cómpre lembrar que estes cribados voluntarios tiveron lugar entre os pasados 21 a 23 de abril tanto no CPR Inmaculada -537 citados, 500 cribados e 2 positivos-, coma nunha empresa do sector da pesca en Marin -120 citados, 117 cribados que deron coma resultado 11 positivos por COVID- máis un cribado poboacional nesta localidade ao grupo dentre 50 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello, colectivo que acada as 3.500 persoas.

Delas, achegáronse a efectuar voluntariamente estes cribados un total de 2.650 cidadáns, que deron coma resultado outros 7 positivos por COVID.

Novos cribados preventivos en centros educativos do Concello
Ao longo da presente semana, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai continuar efectuando novos cribados preventivos en centros educativos do Concello de Marin cara a detectar novos casos asintomáticos de coronavirus.

Para levar a cabo este cribados, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés dispón de equipos de traballo que efectúan tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.

Publicacións Relacionadas