HomePontevedraO CondadoOs premios de Educación do concello de Salvaterra de Miño chegan a...

Os premios de Educación do concello de Salvaterra de Miño chegan a súa vixésima edición premiando ós 17 mellores expedientes do curso 2024-2025

- Anuncio -spot_img

No acto entrégaronse un total de 14 lotes informáticos para os alumnos e alumnas de primaria, secundaria e ciclos e 3 becas de estudos.

Un ano máis e co fin último de incentivar o estudo e o esforzo dos estudantes do Concello de Salvaterra de Miño celebrouse a XX edición dos Premios de Educación do curso 2024-2025 que tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello. O acto de entrega ó que asistiron alumnos e alumnas, familias, profesorado e representantes dos centros educativos contou tamén coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel, a concelleira de Educación Lorena Soto.
“Os premios de educación buscan a través da colaboración entre centros educativos e Concello premiar o esforzo e traballo dos estudantes en cada etapa” así explicaba Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, a importancia desta iniciativa pioneira na nosa contorna e que premia ós mellores expedientes de cada etapa: primaria, secundaria, ciclos e bacharelato.

En total foron 14 premios os entregados e que consisten en equipos informáticos compostos por unha tablet, unha funda, unha memoria micro SD e auriculares inalámbricos. Do total 5 foron para o Instituto de Educación Secundaria (4º ESO, FP Básica e Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura), outros 5 para o CEIP Infante Felipe e 2 para CEIP de Leirado e tamén 2 para o CEP Carlos Casares. Os premiados foron:
CEP CARLOS CASARES ALXÉN

  • Breogán Pérez González e Pablo Pérez Brandao
    CEIP de LEIRADO
  • Adam Calvinho Martínez e Leyre Valiño Lago
    CEIP INFANTE FELIPE DE BORBÓN
  • Iria Gándara Diz, Inés Lemos Martínez, Iria Mouriño Pérez, Lia Casas Blanco e Enzo
    Valentín Barreiro García
    I.E.S SALVATERRA DE MIÑO
    4º E.S.O.
  • Adan Castro Natividad, Nerea Vidal Tiago e Ainoa Porto Castro
    CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRARÍA
  • Anas Fadoul Errahali
    CICLO BÁSICO DE CARPINTARÍA E MOBLE
  • Giovanni Busto García
  • Ademais os tres mellores expedientes de 2º de Bacharelato que foron para Noela Domínguez Estévez, Antía Rodríguez Pazo e María Fernanda Fernández Martínez; premiaronse con 3 bolsas de estudos que consisten nunha viaxe de dúas semanas a Brighton con vós directos, aloxamento en familia, curso de inglés, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros; para perfeccionar a lingua inglesa.

Publicacións Relacionadas