HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén contrata nove traballadores para reforzar a súa brigada municipal

Pazos de Borbén contrata nove traballadores para reforzar a súa brigada municipal

- Anuncio -spot_img
  • As incorporacións realízanse a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de realizar nove contratacións de persoal para reforzar a súa brigada de limpeza durante a tempada estival. Os novos empregos financiaranse a través de de a liña 3 do plan de Obras e Servizos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e terá unha duración de 6 meses.
    Os novos empregados dedicaranse principalmente ao coidado de infraestruturas municipais e realizarán tarefas de limpeza de mobiliario urbano, parques, xardíns e diversas actuacións de mantemento. Os novos traballadores terán unha xornada laboral de 30 horas semanais e, ao tratarse dunha subvención concreta e pechada, descártase a contratación posterior dos traballadores.
    O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, visitou esta mañá aos novos traballadores para darlles a benvida e defendeu que con estas novas incorporacións poderanse reforzar os servizos e ampliar as actuacións de mantemento no municipio. “Co volume de traballo actual son necesarias estas persoas. Canta máis xente haxa para realizar eses labores, mellor. Sobre todo, se ademais conséguese dar traballo a veciños en situación de desemprego”, sinalou.
    Os novos traballadores estaban en situación de desemprego e rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. A contratación dos traballadores realizouse baixo un estrito proceso de selección durante o cal se valoraron distintos aspectos como a preparación e a situación económica persoal e familiar dos candidatos.

Publicacións Relacionadas