HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén dota a Aula Musical do CPI Curros Enríquez con...

Pazos de Borbén dota a Aula Musical do CPI Curros Enríquez con novos teclados musicais

- Anuncio -spot_img
  • A iniciativa xorde ante a recomendación sanitaria de non usar flautas durante as clases de música
    A concellería de Educación do Concello de Pazos de Borbén acaba de adquirir 13 teclados musicais para dotar a clase de música do CPI Curros Enríquez. Unha achega coa que se pretende resolver os problemas que os protocolos anticovid, que recomendan evitar a frauta doce, supoñen para a educación musical dos alumnos.
    Unha das grandes vantaxes deste instrumento, ademais de evitar os fluxos de aire propios dos instrumentos de vento que facilitan a transmisión aérea do virus, é a gran facilidade para desinfectalo logo de cada uso, o que o fai máis seguro ante unha posible infección por contacto.
    “A pandemia está cambiando as nosas vidas por completo e leste é un exemplo máis. Noutros centros educativos optaron por substituír as frautas por guitarras ou ukeleles, pero, máis aló dos gustos persoais de cada un, o piano é moito máis fácil de limpar e desinfectar logo de cada clase”, explicou a edil de educación, Blanca Míguez.

Publicacións Relacionadas