HomeVigoBaionaPremios do concurso de Micro beléns 2024-2025

Premios do concurso de Micro beléns 2024-2025

- Anuncio -spot_img

Este sábado 4 de xaneiro e unha vez reunido o xurado que conforma o certame de Micro beléns 2024-2025 organizado pola concellería de cultura e composto por persoas relacionadas coa cultura do municipio, 2 representantes do concello e unha vez valorados os traballos presentados a concurso, levantouse acta, resultando gañadores nas seguintes categorías:

CATEGORÍA XERAL:

• PREMIO AO MICRO BELEN MÁS ORIXINAL: Juan Santos Alderete.

• PREMIO AO MICRO-BELEN MÁS LABORIOSO: Centro de Día Botando unha Man. • PREMIO AO MICRO-BELÉN MÁS POPULAR: que se determina por votación popular que resulte do reconto de votos: Centro de día Aprehendo.

CATEGORÍA BELÉN EN DOMICILIO PARTICULAR:

• PREMIO: Familia Matos Rodríguez.

O concurso foi todo un éxito en participación e visitas, presentándose a concurso un total de 21 Micro Beléns na “Categoría Xeral” e 4 beléns na categoría de “Belén en domicilio particular”, alcanzando devanditos traballos un elevado nivel artístico e creativo. Pasaron polo multiusos 1850 adultos e 1125 nenos que gozaron dos beléns, máquinas recreativas e os futbolines en familia e que poderá aínda visitarse ata o domingo día 5 de xaneiro.

Torneo de Futbolín:

Así mesmo, o pasado domingo 29 de decembro ás 12:00h tivo lugar no Multiusos de Sabarís o primeiro Torneo de Futbolín Do Nadal Villa de Baiona, organizado pola concellería de cultura en colaboración co Baíña Fútbol sala, quedando gañadores: Categoría de senior:

1º. PREMIO: César Caride e Sergio Alfaro.

2º. PREMIO: Cristian e Marcos.

En Categoría Basee:

1º. PREMIO: Roi González e Hugo Montes.

2º. PREMIO: Xosé Mo e Sergio Caride.

En total no torneo participaron ao redor de 50 persoas.

Publicacións Relacionadas