HomeVigoMosPresentación da primeira das actividades incluídas na programación mosense previa a La...

Presentación da primeira das actividades incluídas na programación mosense previa a La Vuelta 21

- Anuncio -spot_img

Trátase da Challenge As Rías Baixas cuxa 2ª etapa, o Gran Premio Concello de Mos, sairá e chegará ao Pazo o sábado 8 de maio

Esta mañá presentouse na Praza do Concello do Porriño a Challenge As Rías Baixas 2021 que se celebrará os vindeiros días 8 e 9 de maio. O municipio mosense será anfitrión da 2º etapa desta proba ciclista. Etapa que levará por título Gran Premio Concello de Mos e que será a primeira das actividades incluídas na programación municipal previa á etapa 20 de La Vuelta 21, con meta en Herville o 4 de setembro.

Será desde as magníficas instalacións do Pazo de Mos desde onde sairá a 2° etapa. Tratarase duhna gran saída neutralizada, espectacular, para sacar as mellores fotos.

Na presentación celebrada esta mañá no Porriño estiveron presentes o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, o Presidente Club Master Louriña, organizador da proba, Juan José Álvarez Cerdeira; Gorka Gómez, deputado de Deportes, e representantes dos outros dous Concellos, xunto con Mos, patrocinadores desta proba: O Porriño e Ponteareas.

Na súa intervención José Areal destacou que “para o Concello de Mos é unha honra ser anfitrión da 2ª etapa da Challenge As Rías Baixas que se celebra o sábado 8 de maio e que será unha proba en ruta que sairá ás 17.00 horas do Pazo de Mos para regresar de novo ao Pazo ás 19.00 horas aproximadamente. Tras saír do Pazo de Mos os cilistas percorrerán os municipios de O Porriño, Tui, Salvaterra, As Neves, Ponteareas e voltarán a Mos”.

“Unha gran honra á que se suma”, continuou Areal, “que para Mos é a primeira das actividades incluídas na programación previa á etapa 20 de La Vuelta 21 con meta en Herville o 4 de setembro. E que seremos o 8 de maio anfitrións desta 2ª etapa da Challenge, que é por 1ª vez proba de carácter nacional, xa que ata o de agora era autonómica” destacou o concelleiro de Deportes mosense.

Cómpre lembrar que a Challenge As Rías Baixas conta coas seguintes categorías: Masculino Master (de 30 anos en diante), e Feminino (inscrición gratuíta): Reina (de 18 a 20 anos) e Master (de 30 anos en diante).

Publicacións Relacionadas