HomeBaixo MiñoA GuardaProdutora de cine busca localizacións no Baixo Miño para próxima pelicula

Produtora de cine busca localizacións no Baixo Miño para próxima pelicula

- Anuncio -spot_img

De cara a realización da próxima película de Daniel Sánchez Arévalo, unha produtora cinematográfica está buscando  localizacións na comarca do  Baixo Miño. Entre outras necesidades, precisan atopar unha vivenda unifamiliar cun pequeno xardín e almacén ou garaxe para ter dispoñible durante varios días de rodaxe.

Se algún veciño da Guarda pensa que a súa propiedade pode encaixar e ten interese en participar na iniciativa, chegado o momento a produtora alugaría a vivenda para a gravación das escenas que así o precisen.

A rodaxe da película está prevista para os meses de setembro e outubro de  de 2024.

Os veciños interesados poden dirixirse ao teléfono: 676534296 ou ao correo electrónico: martinboizan@gmail.com

Publicacións Relacionadas