HomePontevedraO SalnésProsegue a feira da Mancomunidade

Prosegue a feira da Mancomunidade

- Anuncio -spot_img

O BNG denuncia o novo esperpento na liberación de Aspérez como “Delegado de Turismo”

Ante a convocatoria de Xunta da Mancomunidade do Salnés para o próximo venres 14 de xuño, o Bloque Nacionalista Galego na Comarca do Salnés quere trasladar as seguintes consideracións:

·         Na próxima Xunta da Mancomunidade lévase unha proposta da Presidencia para a liberación de Aspérez, Delegado de Turismo.

·         Como xa dixemos hai meses, o Partido Popular converteu nunha feira a Mancomunidade do Salnés. Mercou a vontade dun membro da mesma a cambio dun salario. Estase a producir un pago de favores políticos con cartos públicos. Un escándalo e unha vergoña.

·         Nunca na Mancomunidade cobrou un salario un vogal delegado. Tanto é así, que nin o Presidente da Mancomunidade cobra ningunha retribución polo desempeño do seu cargo. Estamos ante un órgano de xestión de competencias mancomunadas dos concellos e cun cadro de persoal preparado e capacitado para executar os acordos. É absolutamente innecesaria esta liberación. A mesma só responde ao pago da compra da vontade do vogal para asinar a moción de censura.

·         Este acordo pon en risco a propia continuidade da Mancomunidade, marcando unha nova cota de irresponsabilidade para o PP. Non ofrecen ningún tipo de mellora na xestión, nin proxectos (como vimos recentemente na negativa da Xunta de Galiza de financiar as melloras necesarias no abastecemento dos concellos) nin estabilidade política. Esta nova entrega da súa farsa forza o regulamento da Mancomunidade para adoptar decisións co único fin de acadar a maioría na Xunta e na Comisión Executiva.

Publicacións Relacionadas