HomePontevedraPublicadas as listas do Programa Municipal de Conciliación de Verán

Publicadas as listas do Programa Municipal de Conciliación de Verán

- Anuncio -spot_img

Desde a tarde de onte poden consultarse na páxina web do Concello de Redondela as listaxes de nenos e nenas admitidos nos campamentos de conciliación deste verán. Os campamentos están dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario de 09:00 a 14:00 horas, e son totalmente gratuítos.
https://redondela.gal/gl/programa-municipal-de-conciliacion-de-veran-2024/
A concellería de Servizos Sociais, que dirixe Iria Vilaboa, ofrece este servizo ás familias “que favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas”. O número de prazas ofertadas para esta convocatoria son 300 no mes de xullo e 180 no mes de agosto. As prazas están distribuídas en sete emprazamentos diferentes: CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Cedeira, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Quintela, Pavillón de Reboreda e Conservatorio Municipal “Víctor Ureña” de Redondela. Deste xeito o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”, explica a alcaldesa Digna Rivas. O programa distribúese en quincenas, con dúas quendas en xullo e dúas en agosto.

Publicacións Relacionadas