HomeVigoMosRecepción Club Natación Mos

Recepción Club Natación Mos

- Anuncio -spot_img

Coincidindo co CAMPEONATO GALEGO INFANTIL DE VERAN disputado a pasada fin de semana no que o Club Natacion Mos acadou varios record absolutos por parte dos seus deportistas; o Concello de Mos organizou hoxe na praza do Concello unha recepción para homenaxealos polos últimos resultados obtidos en varios Campionatos.
Ao acto homenaxe ao club celebrado esta tarde asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais edís membros do equipo de goberno local e representantes dos grupos da Corporación Municipal.
No CAMPEONATO GALEGO INFANTIL DE VERAN disputado os días 3 e 4 de xullo, o Club acadou varios RÉCORDS ABSOLUTOS
A nadadora Carolina Pereiro, acadou o OURO en 100 Braza e o OURO en 200 Braza; Antia Hermida o OURO en 50 LIBRE e PRATA en 100 Mariposa; Eva Martínez PRATA en 50 Libre, PRATA en 100 Espalda e OURO en 200 Espalda; David Freire logrou un 19° posto en 100 Espalda e un 17° posto nos 200 Espalda, mellorando as suas marcas personais; Ainoa Pardavila, xogou un papel importante nos relevos facendo unhas grandes postas e pelexou por varias medallas da súa categoría en 100, 400 e 800 Libre, demostrando un gran estado de forma e o seu gran traballo; e pola súa banda Noa Salgueiriño, quedou 5ª do ano 2008 en 50 Libre e 12ª en 100 Libre no ano 2008

Tamen foron homenaxeados os medallistas mosenses do CAMPIONATO GALLEGO MASTER DE VERÁN

Os días 12 e 13 de xuño celebrouse en Ponteareas o Campeonato Galego Máster de Verán. Os veteranos do Club Natación Mos, fixéronse cun total de 28 medallas.

Esta gran actuación dos nadadores de Mos deu como resultado que o Club Natacion Mos estivese no alto das clasificacións dos 25 equipos participantes.

O resultado foi o seguinte: Categoría Conxunta: 5º Clasificado, Categoría Masculina: 5º Clasificado e Categoría Feminina: 12º Clasificado.
Os medallistas foron os seguintes:
Alberto Trincado, Ricardo Rodríguez, Alvaro Fernández, Andres Rodríguez, Ana Morgadas, Pablo Morgadas, Roi Rodríguez e Carlos García

O nadador Marcelo Jorge estableceu un total de 3 Récords Galegos nas tres probas de braza en categoría +55 anos. Acadando tres medallas de ouro en 200B, RG 100B E RG 50B

Celia Iglesias, un ano máis demostrando experiencia aos seus 88 anos alzouse co trofeo á nadadora máis veterana do campionato, mostrando ser unha gran referente. Foron duas as súas medallas de ouro: en 50L e en 200E (+85)

O Gran homenaxeado da tarde foi Juan Ferrón polo seu Ouro en 200 mariposa logrado no Campionato de España de clubs de natacion adaptada.
O 5 e 6 de Xuño disputouse en Lloret de Mar, Barcelona o Campeonato de España por clubs que supuxo o fin dá tempada de natación adaptada.
Juan Ferron logrou o OURO en 200 Mariposa

O resumo das suas marcas neste campionato quedou así:
Medalla de ouro en 200 mariposa; 9º en 100 Libre multidiscapacidad; 3º en 100 Libre; prata en 50 Mariposa; 8º en 50 Libre multidiscapacidad; 3º en 50 Libre; 6º en 100 Mariposa multidiscapacidad e por ultimo 2º en 100 mariposa.

Publicacións Relacionadas