HomeVigoO PorriñoRecepción da alcaldesa do Porriño aos sete equipos participantes na fase final...

Recepción da alcaldesa do Porriño aos sete equipos participantes na fase final do Campionato de España de Balonmán Cadete Masculino

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa Eva Garcia ofreceu esta mañá unha recepción aos equipos participantes na fase final do Campionato de España de balonmán cadete masculino que está a celebrarse no Porriño dende onte. Acudiron delegacións dos sete equipos: Barcelona, Zaisa Bidasoa Irún, Cajasur Córdoba, Grupo IMQ Gijón, CBM Delicias Play 360 Valladolid, Fertiberia Puerto Sagunto e o club anfitrión e campión de Galicia, Balonmán Porriño Conservas Orbe.


O acto celebrouse no salón de plenos do Concello. Os capitáns dos sete equipos, ocuparon cadeiras onde habitualmente séntanse os concelleiros. Acompañaron á alcaldesa, José Carlos de Castro, delegado da Federación de Balonmán, e Lucía Freiría, directiva do Balonmán Porriño.


Eva García felicitou aos sete equipos por chegar a esta fase final e tivo un recordo agarimoso para o Granollers que debido a un gromo de coronavirus con varios xogadores contaxiados non puido viaxar ao Porriño.


A alcaldesa subliñou a condición de “gran favorito do Barcelona para levarse este Campionato pero agardo que os do Balonmán Porriño vos dean moita, moita guerra”, dixo Eva García.


Como remate da recepción, a alcaldesa entregou aos delegados e delegadas dos sete equipos, unha caixa conmemorativa cunha bola de pan do Porriño e un libro sobre a obra do noso arquitecto, Antonio Palacios.

Publicacións Relacionadas