HomePontevedraRedondela acolle a máis de 1.000 deportistas no Campionato Galego de Taekwondo

Redondela acolle a máis de 1.000 deportistas no Campionato Galego de Taekwondo

- Anuncio -spot_img

O pavillón municipal da Marisma será este sábado, día 24, a sede o Campionato Galego de Taekwondo nas modailidades “freestyle” escolar, técnica escolar e as exhibicións de escolares e adultos. Serán 1.000 nenos e nenas de toda Galicia os que compitan nesta proba autonómica, logo de clasificárense nas correspondentes fases provinciais. Redondela terá unha ampla representación con máis de 40 escolares do Club de Taekwondo Omnihum. Nas exhibicións de adultos participarán varios grupos cun total de 60 deportistas. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro Antonio Cabaleiro, presentaron o campionato no Concello xunto a Noelia Pérez , vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Beatriz Isabel Queiro, presidenta do  Omnihum e Yago Bernárdez, adestrador do club redonelán.

O evento, que comezará ás 9.00 horas e rematará ás 20.30 horas reunirá tamén a máis de 50 xuíces e árbitros.

Publicacións Relacionadas