HomePontevedraRedondela declara “Persoa non grata” ao deputado popular José Luis Ferro

Redondela declara “Persoa non grata” ao deputado popular José Luis Ferro

- Anuncio -spot_img
  • O grupo municipal do PP abandonou o pleno no inicio do debate da moción, un xesto que o goberno local considera “unha falta de respecto á veciñanza de Redondela e ás vítimas”. A moción saíu adiante cos votos ao recibir o apoio de todos os concelleiros do PSdeG-PSOE, AER e BNG.
  • A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamenta a actitude do PP que se abandono o pleno nun tema “tan sensible e de tanta importancia” como a represión franquista. Rivas critica “o silencio cómplice” dos populares, tanto do grupo municipal como de Alberto Pazos, deputado redondelán na cámara galega.

O pleno da corporación de Redondela declarou por unanimidade “persoa non grata” a José Luis Ferro Iglesias polas declaracións desde deputado popular na cámara galega onde afirmou que “non hai constancia” de que se produciran mortes na illa de San Simón nos anos que foi campo de concentración. Estas declaracións “branquean o franquismo, actuando como cómplice da ultradereita e boicoteando o acordo pola Memoria Democrática”, polo que o grupo de goberno de Redondela levou onte ao pleno esta declaración. O grupo municipal do PP abandonou o pleno no inicio do debate da moción, un xesto que o goberno local considera “unha falta de respecto á veciñanza de Redondela e ás vítimas”. A moción saíu adiante cos votos ao recibir o apoio de todos os concelleiros do PSdeG-PSOE, AER e BNG.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamenta a actitude do PP nun tema “tan sensible e de tanta importancia” como a represión franquista. Rivas critica “o silencio cómplice” dos populares, tanto do grupo municipal por ausentarse onte deste debate como de Alberto Pazos, deputado redondelán na cámara galega. A rexedora lembra que a Illa de San Simón “é un dos lugares da represión franquista máis emblemáticos de Galicia, no que milleiros de persoas foron encerradas inxustamente e sometidas a tortura e trato inhumano”. A dramática historia de San Simón “é ben coñecida pola veciñanza de Redondela e bisbarra”, así como a “solidariedade de moitas mulleres que actuaban como madriñas dos presos”, sinala Rivas. Os investigadores cifran en máis de 500 as vítimas mortais en San Simón entre os anos 1936 e 1943 a causa da fame, enfermidades ou fusilamentos.

Publicacións Relacionadas