HomeBaixo MiñoA GuardaRemata o obradoiro de emprego que deu inicio ao proxecto da nova...

Remata o obradoiro de emprego que deu inicio ao proxecto da nova biblioteca na Guarda

- Anuncio -spot_img

• Un total de 20 persoas participaron neste obradoiro que lles ofreceu formación e traballo durante 9 meses

Hoxe o alcalde da Guarda, Roberto Carreo, fixo entrega dos diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego Manuel Portela X. Durante 9 meses, participaron neste obradoiro dual, no que combinaron formación e traballo de albanelería.

O seu proxecto desenvolveuse no antigo Concello, onde fixeron traballos de demolición, construción e illamento para avanzar na que será a nova biblioteca municipal. O delegado da Xunta, Agustín Reguera acudiu hoxe tamén á clausura deste obradoiro na que se visualizou un vídeo recompilando o traballo destes 9 meses, como masterclass e as diferentes fases da obra.

O alcalde da Guarda resaltou “o compromiso co traballo e coa formación de cada un dos alumnos”; así como “estes obradoiros son unha oportunidade para abrir expectativas no panorama laboral”. De feito, dos 20 alumnos, xa 5 deles teñen emprego tras estes meses no obradoiro Manuel Portela X.

Publicacións Relacionadas