O Concello de Salvaterra de Miño a través da Concellería de Deportes ven de presentar os curso de natación para este verán. Como xa é habitual durante a temporada estival retómase unha das actividades máis aclamadas entre veciños e veciñas.
Os cursos que se desenvolverán na Piscina Municipal de Salvaterra durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá están dirixidos a pequenos e maiores e lévanse a cabo en colaboración coa Asociación Deportiva Salvaterra.
O prazo de inscrición para o mes xullo comeza este luns 10 de xuño e remata o 20 de xuño e para as inscricións do mes de agosto serán do 1 ó 10 de xullo.
Recordamos que as prazas son limitadas e que terán preferencia aquelas empadronadas en Salvaterra de Miño.
Para formalizar a reserva da praza para o curso os interesados deberán cubrir o formulario de inscripción que xa está dispoñible na páxina web www.concellodesalvaterra.org . Unha vez cuberto deberán envialo por whatsapp ó teléfono 656261542 ou por correo a adasalvaterra@yahoo.es
O pago do curso non deberá realizarse ata que ADA confirme a praza.




