HomePontevedraSoutomaior “Espalla” polo concello versos de Rosalía para conmemorar o seu Día

Soutomaior “Espalla” polo concello versos de Rosalía para conmemorar o seu Día

- Anuncio -spot_img

Espallando versos de Rosalía! Esta é a campaña que o concello de Soutomaior pon en marcha para conmemorar o Día de Rosalía. A imaxe desta campaña será entregada nunhas bolsas de tela, para conseguilas haberá que escoller un verso ou poema de Rosalía de Castro e subilo ás redes sociais co hasthag #SoutomaiorRosaliaSempre.
Soutomaior, 21 de febreiro. A concelleira de Mocidade, Rosana Martínez Comesaña, e a ilustradora e artesá local, Paula Pereira, presentaron esta mañá a campaña “Espallando versos de Rosalía!”.
Tal e como explicaron esta mañá, este venres 23 de febreiro o concello de Soutomaior pon en marcha esta iniciativa para conmemorar o Día de Rosalía facéndoa coincidir coa data do aniversario do nacemento da escritora e poeta, referente para a cultura galega.
As súas verbas seguen estando moi vivas e presentes e, por elo, desde o Concello de Soutomaior convidan a toda a veciñanza a participar nesta campaña cuxa imaxe foi deseñada pola ilustradora e artesá local, Paula Pereira á quen dende o concello queren agradecer a súa sensibilidade e profesionalidade á hora de realizar este traballo.
A imaxe da campaña será entregada estampada nunhas bolsas de tela que se entregarán de balde e que se poderán conseguir nas dependencias municipais do concello: no Centro Integrado de Benestar (Multiusos), na Biblioteca Municipal, no Pavillón Municipal de Deportes e na Casa do Concello.

Para conseguilas o único que terán facer as e os interesados é achegarse, dende o 23 de febreiro ata fin de existencias (ata que se esgoten as bolsas) a calquera destas dependencias municipais, escoller un verso ou poema, que estarán nestas dependencias municipais dende o 23 de febreiro, os e as interesados terán que escoller entre máis dunha quincena de textos, o poema de Rosalía que máis lles guste e sacarse unha foto ou vídeo recitando dito poema, subilo á redes sociais con hasthag #SoutomaiorRosaliaSempre e así, deste xeito, seguir axudando a seguir espallando o legado de Rosalía.

Publicacións Relacionadas